Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.483

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2003, da División de Recursos Económicos, pola que se fai pública a adxudicación do contrato que se cita.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, a División de Recursos Económicos acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

Expediente: S-7/2003.

Obxecto do contrato: arrendamento de ordenadores persoais, impresoras, teclados con lector de banda magnética, así como software de base.

Boletín e data de publicación do anuncio de licitación:

Diario Oficial de Galicia do 7 de febreiro de 2003.

Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación anticipada do expediente de gasto, aberto e concurso.

Orzamento base de licitación.

1.826.770,56 euros.

Adxudicación:

Data: 16-5-2003.

Adxudicatario: Hewlett Packard Española, S.L.

Nacionalidade: española.

Importe da adxudicación: 1.532.098,08 euros.

Data de publicación do anuncio de licitación do contrato no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e no DOCE.

BOE: 5-2-2003.

DOG: 7-2-2003.

DOCE: 25-1-2003.

Data de envío do anuncio ó Diario Oficial de las Comunidades Europeas: 3 de xuño de 2003.

Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas (reservado á OPOCE).

Santiago de Compostela, 27 de maio de 2003.

Antonio Fernández-Campa García-Bernardo

Director xeral da División de Recursos Económicos