Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.477

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 3 de xuño de 2003 polo que se lle cancela a acreditación de laboratorio de ensaios para o control de calidade da construcción ó laboratorio Corcontrol, S.A. con domicilio no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas, rúa 4, parcela 21, 32901 San Cibrao das Viñas (Ourense).

De acordo co establecido nos artigos 2º, 3º do Decreto 441/1990, do 6 de setembro (DOG do 24 de setembro) polo que se aproban as disposicións reguladoras específicas da acreditación de laboratorios de ensaio para o control da calidade da construcción, e por proposta da Dirección Técnica de Construccións, conforme establecen os artigos 12.h e 18.3.1.a) do Decreto 70/1997, do 14 de marzo (DOG do 10 de abril), esta dirección xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo

RESOLVE:

Cancelar, a petición propia, a acreditación e a súa inscrición no Rexistro de Laboratorios de Ensaios para o Control de Calidade da Construcción a Corcontrol, S.A. con domicilio en San Cibrao Polígono Industrial das Viñas, r/ 4, parcela 21, 32901 San Cibrao das Viñas (Ourense), na área de:

HF-Área de control de formigón fresco co el número 15066HF01.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 3 de xuño de 2003.

José Antonio Redondo López

Director xeral do Instituto Galego da Vivenda

e Solo