Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.472

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Medio Ambiente, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso público e procedemento aberto, para a contratación da execución da obra de adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Corcubión (A Coruña).

1. Entidade adxudicadora.

1.1. Organismo: Consellería de Medio Ambiente.

1.2. Dependencia que tramita: Secretaría Xeral.

2. Obxecto do contrato.

2.1. Descrición do obxecto: execución da obra de adecuación, clausura e selaxe do vertedoiro de RSU de Corcubión (A Coruña).

2.2. Prazo de execución: tres meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

3.1. Tramitación: urxente.

3.2. Procedemento: aberto.

3.3. Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: trescentos corenta mil oitocentos cincuenta e catro euros con corenta e dous céntimos (340.854,42 A).

5. Fianza provisional.

2% do orzamento de licitación: 6.817,09 A.

6. Fianza definitiva.

4% do orzamento de licitación: 13.634,18 A.

7. Clasificación.

Grupo A, subgrupo 2, categoría C.

8. Documentación e información.

8.1. Documentación:

Os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas que rexerán esta contratación estarán ó dispor dos interesados durante o prazo de presentación de proposicións na copistería Copy Nino, sita na rúa Xeneral Pardiñas, nº 2, en Santiago de Compostela (teléfono 981 58 89 38) e na páxina da Internet: www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2716.

Para os efectos de información, as empresas que retiren os pregos da páxina web e estean interesados en concursaren a esta licitación, deberán enviar ó enderezo de correo electrónico rosa.blanco.tubio*xunta.es os datos que a continuación se relacionan:

-No epígrafe ASUNTO: obxecto do prego.

-Nome da empresa.

-Nº de teléfono.

8.2. Información:

Teléfono: 981 54 17 49.

9. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

9.1. Data límite da presentación: ás 14 horas do décimo terceiro día natural a partir do seguinte ó da publicación da presente resolución neste diario; se coincide en día inhábil trasladarase ó seguinte día hábil.

9.2. Documentación necesaria: a sinalada no punto 9 do prego de cláusulas administrativas particulares.

9.3. Lugar de presentación:

a) Entidade: rexistro xeral da Consellería de Medio Ambiente.

b) Enderezo: San Lázaro, s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela 15781.

10. Apertura da documentación xeral (sobre A).

Realizarase no lugar antes indicado, ás 13 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó do final de presentación das proposicións; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

11. Apertura das ofertas.

Ás 12 horas do sexto día natural contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral, no lugar sinalado no punto 9.3.; se coincide en sábado ou festivo, trasladarase ó seguinte día hábil.

12. Gastos do anuncio: pola conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2003.

Justo de Benito Basanta

Secretario xeral da Consellería de Medio Ambiente