Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.471

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

CÉDULA do 3 de xuño de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se fai pública a resolución do expediente 547/2000.

De conformidade co disposto no artigo 59 da Lei 4/1999, de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 13, do 14 de xaneiro de 1999), notifícaselle con carácter de urxencia á persoa que a seguir se indica a resolución do expediente administrativo instruído de conformidade co disposto no art. 172 e seguintes do Código civil.

O interesado poderá interpoñer recurso ante o Xulgado de Primeira Instancia de Pontevedra que corresponda, sen necesidade de reclamación administrativa previa de conformidade co disposto na disposición adicional primeira da Lei 3/1997, do 9 de xuño, galega de familia, infancia e adolescencia.

O correspondente expediente está no Servicio de Familia, Infancia e Menores da Delegación Provincial da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado en Vigo.

-Nº expediente: 547/2000.-Interesado: Camilo Costas Rial.-Interesada: Mª Teresa Fernández Pla.-Domicilio: descoñecido.-Asunto: resolucións do 2 de outubro de 2001, 30 de outubro de 2001 e 22 de abril de 2003 (para a interesada) e resolución do 22 de abril de 2003 (para o interesado).

Vigo, 3 de xuño de 2003.

Francisco J. González Vicente

Delegado provincial de Pontevedra