Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 123 Xoves, 26 de xuño de 2003 Páx. 8.462

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/42-2, 6015 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro e no título VII do Real decreto 1955/2000, de 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade Viveiro 4, 27002 Cervo.

Denominación: reelectrificación de Sargadelos.

Situación: Cervo.

Características técnicas: L.M.T. con orixe en L.M.T. existente a C.T.C. Sargadelos existente e final en C.T.I. estanco proxectado.

C.T.I. de estanco, sobre torre metálica tipo C3000/12, con dispositivo antiescalada, potencia 50 kVA e relación de transformación 20.000/380-220 V.

C.T.C. de Sargadelos, no que se raliza unha pequena modificación, consistente no pintado de paramentos, tanto interiores coma exteriores. A colocación dunha reixa que impida o acceso de persoas ó transformador e a realización dun foso contedor de aceite de 285 L de capacidad.

R.B.T. do C.T.I. estanco executada en conductores R.Z.-95 e R.Z. 50, tensados sobre apoios de formigón.

R.B.T. do C.T. Sargadelos executada en conductores R.Z.-95 e R.Z.-50, tensados sobre apoios de formigón.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 9 de maio de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo