Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.424

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBADAVIA

ANUNCIO da convocatoria de concurso para a adxudicación da obra denominada pavimentación da rúa Extramuros.

1. Proxecto: pavimentación da rúa Extramuros.

2. Orzamento: 237.400 euros.

a) Obras anuais: 237.400 euros (total, IVE incluído).

3. Aplicación orzamentaria: subvención CPTOPV. Concepto: 06.03.413B.760.0; número de proxecto 1999-714.

4. Prazo de execución: cinco (5) meses.

5. Clasificación: grupo C, subgrupo 5, categoría c. Grupo I, subgrupo 1, categoría c.

6. Lugar de presentación de ofertas: Concello de Ribadavia.

7. Prazo de presentación de proposicións: trece días naturais contados desde o día seguinte ó de publicación do anuncio no BOP ou DOG, das 9.00 ás 13.00 horas.

8. Garantía provisional: 2% do prezo de licitación.

9. Garantía definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

10. Taxas do contrato: cláusula 28 do prego.

11. Revisión de prezos: non procede.

12. Control de calidade: cláusula 29 do prego.

13. Apertura de plicas: ás 12.00 horas do terceiro día seguinte hábil (agás os sábados) a aquel no que termine o prazo de presentación de ofertas.

Outros datos:

Información: Concello de Ribadavia; praza Maior nº 4. Tfno. 988 47 71 00, fax 988 47 71 01.

Lugar onde se poden obter copias do proxecto e prego: Concello de Ribadavia (Ourense).

Ribadavia, 14 de maio de 2003.

José Pérez Iglesias

Alcalde