Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.413

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se somete a información pública a solicitude de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución dunha planta satélite de regasificación de gas natural licuado no termo municipal de Cangas (Pontevedra).

Para os efectos previstos no artigo 73 da Lei 34/1998, do 7 de outubro, do sector de hidrocarburos, e no artigo 78 do Real decreto 1434/2002, do 27 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de gas natural, sométese a información pública o seguinte proxecto de autorización administrativa:

Peticionario: Gas Galicia, SDG, S.A. con enderezo para efectos de notificacións en edificio Área Central, Local 31-I, 15707 Santiago de Compostela.

Obxecto da petición: autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución dunha planta satélite de regasificación de gas natural licuado para

realiza-la subministración de gas natural ós termos municipales de Cangas, Moaña e Bueu (Pontevedra), de conformidade co proxecto presentado para o efecto.

Descrición das instalacións: a planta satélite de regasificación ten unha capacidade de almacenamento de 120 m de GNL e unha capacidade de regasificación de 2.000 m (n)/h.

Á saída da P.S.R. disporase dunha presión de 2,5 bar, quedando dentro do rango de media presión B.

A planta estará composta basicamente polas seguintes unidades:

-Unidade de descarga de camións cisterna.

-Unidade de almacenaxe e posta a presión.

-Unidade de gasificación.

-Unidade de odorización.

-Unidade de regulación.

-Unidade de xestión e control.

Termo municipal: a solicitude de autorización administrativa afecta ó termo municipal de Cangas, na provincia de Pontevedra.

Orzamento: cento sesenta e seis mil catrocentos oitenta e catro euros (166.484 euros).

O que se fai público para coñecemento xeral e para que todas aquelas persoas naturais ou xurídicas que se consideren prexudicadas nos seus dereitos poidan presenta-las súas alegacións no prazo de 20 días a partir da data de publicación deste anuncio; poderase examina-lo proxecto de autorización administrativa na Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, edificio administrativo San Caetano, en Santiago de Compostela, así como na Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, en Eduardo Pondal nº 64.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas

CONSELLERÍA DE CULTURA, COMUNICACIÓN SOCIAL

E TURISMO