Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.402

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003, da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, pola que se fan públicas as razóns que xustifican a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun inmoble sito en Noia (A Coruña), para situar dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 22.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma e 55 do seu regulamento, e á vista das competencias que teño atribuídas conforme o Decreto 312/2000, do 28 de decembro,

RESOLVO:

Facer público que, por razón das necesidades do servicio que se vai satisfacer, xustifícase, logo da fiscalización da Intervención Delegada da Consellería de Economía e Facenda e por proposta da Consellería de Medio Ambiente, a utilización do procedemento de contratación directa no alugueiro dun inmoble sito na rúa Pintor Xenaro Carrero nº 15, baixo, de Noia (A Coruña), para instalación de dependencias da Comunidade Autónoma de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de maio de 2003.

Emilio Álvarez Rey

Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería

de Economía e Facenda