Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.399

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 13 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data dunha poxa de bens inmobles.

Autorizada por acordo desta dirección xeral, de data 21 de marzo de 2003, o alleamento en pública

poxa dos bens inmobles embargados no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación de Lugo como da propiedade do debedor Araceli Saviñao, S.L. con NIF B-27245828, que a continuación se describen:

Lote 1:

Predio 9871, tomo 581, libro 108, folio 138. Rústico Viña, de 500 m de superficie sita en San Martiño da Cova do municipio do Saviñao. Lindeiros; norte, Antonio Vila; sur, estrada de Peirato a Peña; leste, estrada de Peirato a Lama e oeste, Luis Álvarez.

Valor: 1.500,00 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 1.500,00 A.

Lote 2:

Predio 9872, tomo 581, libro 108, folio 139. Rústico Monte do Castro, na parroquia de Santa María de Rosende, municipio do Saviñao, dedicado a viña, piñeiros e devesa de 1 hectárea, 20 áreas e 78 centiáreas. Lindeiros: norte, Camilo Fonte; sur, Ramiro Beltrán; leste, Severino Iglesias e outros e oeste, Antonio Arias e outros.

Valor: 10.870,00 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 10.870,00 A.

Lote 3:

Predio 9873, tomo 581, libro 108, folio 140. Rústico Viña Grande, na parroquia de Santa María de Rosende, municipio do Saviñao de 82 áreas 35 centiáreas de superficie. Lindeiros; norte, pista pública; sur, Manuel Expósito e outros; leste, herdeiros de Emilio Sabariz e oeste, Esperanza Varela e outros.

Valor: 20.587,50 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 20.587,50 A.

Lote 4:

Predio 9874, tomo 581, libro 108, folio 141. Rústico Vilanova, destinada a viña na parroquia de Santa María de Rosende, municipio do Saviñao de 21 áreas 96 centiáreas de superficie. Lindeiros; norte; Esperanza Varela; sur, Amalia López; leste, Constantino Rodríguez e oeste, Manuel Álvarez.

Valor: 5.490,00 A Cargas: sen cargas.

Tipo: 5.490,00 A.

Lote 5:

Predio 9875, tomo 581, libro 108, folio 142. Rústico Prado da Lama, no municipio do Saviñao de 43 áreas 92 centiáreas de superficie. Lindeiros; norte, Luis Álvarez; sur e leste, Evaristo Rodríguez e oeste, camiño público e regato.

Valor: 3.513,60 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 3.513,60 A.

Lote 6:

Predio 9876, tomo 581, libro 108, folio 143. Rústico A Viña de Vilanova, na parroquia de Santa María de Rosende, municipio do Saviñao de 16 áreas e 47 centiáreas de superficie. Lindeiros: norte, José Méndez; sur, pista de servicio; leste, Amparo Álvarez e oeste, Luis Álvarez.

Valor: 4.117,5 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 4.117,5 A.

Lote 7:

Predio 9877, tomo 581, libro 108, folio 144. Rústico Souto de Pousadoiro, na parroquia de Santa María de Rosende, municipio do Saviñao de 27 áreas e 45 centiáreas de superficie. Lindeiros: norte, José Jonte; sur, José Méndez e regato; leste, Antonio García e outros e oeste, José Méndez.

Valor: 1.647,00 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 1.647,00 A.

Lote 8:

Predio 9878, tomo 581, libro 108, folio 145. Rústico Os cortizos, na parroquia de Santa María de Rosende, municipio do Saviñao de 10 áreas e 98 centiáreas de superficie. Lindeiros: norte, Constantino Rodríguez e otros; sur, regato; leste, Luis Álvarez e oeste, camiño público.

Valor: 658,80 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 658,80 A.

Lote 9:

Predio 9879, tomo 581, libro 108, folio 146. Rústico Da lama, no municipio do Saviñao de 16 áreas e 47 centiáreas de superficie. Lindeiros; norte, regato; sur, Antonio García Moscoso; leste, Severino Iglesias e oeste, pista de servicio.

Valor: 1.317,60 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 1.317,60 A.

Lote 10:

Predio 10043, tomo 609, libro 112, folio 50. Rústico Lamagrande, en Vilatán do municipio do Saviñao de 2 áreas e 84 centiáreas de superficie. Lindeiros; norte, estrada da Torre; leste, estrada de Chantas e oeste, camiño veciñal.

Valor: 284,00 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 284,00 A.

Lote 11:

Predio 10.044, tomo 609, libro 112, folio 51. Rústico Lamagrande, en Vilatán do municipio do Saviñao de 7 áreas e 20 centiáreas. Lindeiros; norte, Manuel Álvarez Sánchez; sur, Farmaco, S.A.; leste, estrada de Chantada e oeste, camiño veciñal.

Valor: 720,00 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 720,00 A.

Lote 12:

Predio 7070, tomo 4809, libro 94 do Saviñao, folio 207. Rústico, prado e horta, sito no lugar da Lama, parroquia da Coba, no municipio do Saviñao, 1 hectárea, 22 áreas e 98 centiáreas, hoxe segundo reciente medición de 78 áreas e 26 centiáreas; dentro desta superficie existe enclavada unha edificación de 3 plantas destinada a vivenda, duns 200 m e outra de 2 plantas destinada a adega e secadoiro de froitos. Lindeiros: norte e sur, camiño; leste cami

ño de Escairón á Cova, hoxe predio de Farmaco, S.A.; oeste, regato e camiño.

Valor: 32.043,40 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 32.043,40 A.

Lote 13:

Predio 7123, tomo 486, libro 95 do Saviñao, folio 53. Rústico predio destinado a monte, denominada San Pedro, no termo da parroquia da Cova, municipio do Saviñao, de 1 hectárea 40 áreas e 93 centiáreas, pero segundo recente medición ten 1 hectárea e 68 áreas. Lindeiros: norte, Juan Quiroga e outros, leste, estrada de Escairón á Cova; sur, Manuel Varela e oeste, Alfredo Álvarez e outros.

Valor: 10.080,00 A.

Cargas: sen cargas.

Tipo: 10.080,00 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1 f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona.

DISPOÑO:

Que o día 29 de xullo de 2003 ás 10 horas, na sala de xuntas da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda en Lugo r/ Ronda da Muralla nº 70, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, se celebre a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

1. Que consta en poder da Zona de Recadación de Lugo o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen ter dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas súas responsabilidades, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

2. Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens, se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

3. Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio de poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con ofertas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no Rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Lugo, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, estendido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

4. Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será polo menos do 20% do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

5. No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa de poxa poderá realizar unha segunda licitación, se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

6. Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes, a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

7. Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa, por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado, a partir dese momento, á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas, ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existira segunda licitación non haberá prezo mínimo.

8. A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia, do ben que non fora obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

9. O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá de aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos