Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 122 Mércores, 25 de xuño de 2003 Páx. 8.366

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE

DECRETO 289/2003, do 4 de xuño, polo que se aceptan a título gratuíto doazóns de diverso material con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra.

As empresas Laboratorios Farmacéuticos Robi, S.A.; Almirall Prodesfarma, S.A.; Juste, S.A.Q.F.; Medtronic Ibérica, S.A.; Glaxosmithaline, S.A.; Pharmacia Spain, S.A.; Gambro, S.A.; Siemens, S.A.; Aventis Pharma; a entidade financeira Caixanova, Cardiva, S.L., e Enrique Peláez Pérez ofrecen a doazón ó Servicio Galego de Saúde de diverso material con destino ó Complexo Hospitalario de Pontevedra.

Conforme o artigo 17.1º da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da comunidade autónoma, requírese decreto do Consello da Xunta de Galicia para a adquisición de bens a título gratuíto.

En cumprimento do disposto na Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da comunidade autónoma, de conformidade coa proposta do conselleiro de Sanidade e presidente do Servicio Galego de Saúde, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día catro de xuño de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo primeiro.-Acepta-la doazón do seguinte material:

-1 C.P.U., marca LG, modelo 2,53 GH2, cun valor de 1.000 euros, doada por Enrique Peláez Pérez, provisto do DNI: 50 802 307.

-1 ordenador , marca HP, modelo D310, cun valor de 1.377,33 euros, doado por Laboratorios Farmacéuticos Robi, S.A.

-1 proxector portátil, marca Proyectepsonemp, cun valor de 2.090,00 euros, doado pola empresa Almirall Prodesfarma, S.A.

-1 ordenador portátil, marca Toshiba, cun valor de 1.905,00 euros, doado pola empresa Almirall Prodesfarma, S.A.

-1 ordenador persoal con pantalla plana de 17" TFT, marca Compaq, modelo D51C/P2, cun valor de 4.200 euros, doado pola empresa Juste S.A.Q.F.

-3 ordenadores persoais, marca Compaq, modelo D3DP1.6, cun valor de 1.420,17 euros cada un, doados pola empresa Medtronic Ibérica, S.A.

-1 impresora, marca Lexmark, modelo T520, cun valor de 1.111,09 euros, doada pola empresa Medtronic Ibérica, S.A.

-1 impresora, marca Lexmark, modelo OPTRA E322, cun valor de 418,47 euros, doada pola empresa Medtronic Ibérica, S.A.

-2 impresoras, marca Lexmark, modelo E322, cun valor de 418,47 euros cada unha, doadas pola empresa Medtronic Ibérica, S.A.

-1 fax, marca HP, modelo C8461A, cun valor de 223,58 euros, doado pola empresa Glaxosmithaline, S.A.

-8 ordenadores persoais, marca Compaq, modelo 47002, cun valor de 8.960,32 euros, doados pola entidade financeira Caixanova.

-8 monitores 17", marca Compaq, cun valor de 2.152,72 euros, doados pola entidade financeira Caixanova.

-1 pantalla TFT 15", marca Samsung, modelo Ghilssn, cun valor de 521,08 euros, doada pola entidade financeira Caixanova.

-1 batería para portátil, marca APC, modelo 390, cun valor de 204,79 euros, doada pola entidade financeira Caixanova.

-1 tarxeta portátil, marca PCMCIA, modelo ETENET 101100, cun valor de 79,30 euros, doada pola entidade financeira Caixanova.

-4 impresoras, marca Lexmark, modelo T520, cun valor de 1.131,00 euros cada unha, doadas pola empresa Pharmacia Spain, S.A.

-1 mesa, marca Oval, modelo Natura, cun valor de 200 euros, doada pola empresa Gambro, S.A.

-4 cadeiras, marca Oval, modelo Natura, cun valor de 143,97 euros, doadas pola empresa Gambro, S.A.

-1 negatoscopio, marca Full Medical, modelo 4 corpos, cun valor de 1.100 euros, doado pola empresa Siemens, S.A.

-1 ordenador, marca clónico, cun valor de 1.000 euros, doado pola empresa Aventis Pharma.

-1 impresora, marca HP, modelo Desrjet 845 C, cun valor de 300 euros, doada pola empresa Aventis Pharma.

-2 ordenadores, marca Compaq, modelo EVO D310, cun valor de 1.439,48 euros cada un, doados pola empresa Cardiva, S.L.

-1 impresora, marca Lexmark, modelo T520n, cun valor de 1.093,36 euros, doada pola empresa Cardiva, S.L.

Artigo segundo.-Os activos acéptanse segundo o establecido na normativa en materia patrimonial da Comunidade Autónoma e destinaranse ó Complexo Hospitalario de Pontevedra de acordo coa vontade dos doadores.

Disposición derradeira

O Servicio Galego de Saúde, a través do seu órgano competente, levará a cabo os trámites necesarios para a efectividade de canto se dispón neste decreto.

Santiago de Compostela, catro de xuño de dous mil tres.

P.A.

José Antonio Orza Fernández

Presidente

José María Hernández Cochón

Conselleiro de Sanidade