Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.360

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE COVELO

ANUNCIO de información pública.

Aprobado inicialmente por Decreto da Alcaldía, de data 14 de maio de 2003, o Plan Parcial do Solo Urbanizable número 1 de solo residencial do Caseiro en desenvolvemento do Plan xeral de ordenación municipal, sométese este a información pública polo prazo dun mes, contado a partir da última publicación deste anuncio que se inserirá no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais de maior circulación na provincia, debendo publicarse o anuncio, neste último caso, en dous días consecutivos; todo iso de conformidade co disposto no artigo 86.1º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia.

Simultaneamente notifícaselles individualmente esta resolución a tódolos propietarios dos terreos afectados.

O expediente poderá ser examinado na secretaría deste concello, para formula-las alegacións que se consideren pertinentes.

Covelo, 14 de maio de 2003.

José Costa Díaz

Alcalde