No Xulgado do Contencioso-Administrativo número un de Santiago de Compostela tramítase o recurso número 123/03 (procedemento abreviado) interposto por María Dolores Ramos Covelo na súa condición de aspirante no proceso selectivo de persoal estatutario convocado por Resolución do 20 de marzo de 2001 (DOG nº 63, do 29 de marzo).
A recorrente, aspirante da categoría de persoal de servicios xerais, pretende a asignación de 191,18 puntos e a súa conseguinte inclusión na relación de aspirantes seleccionados.
O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer no xulgado como demandados no prazo de nove días, de conformidade co previsto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2003.
José Ignacio Lema Piñeiro
Director xeral da División de Recursos Humanos