Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.354

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Relacións Laborais, pola que se fai público o depósito da acta de constitución e dos estatutos da Asociación Ganadera Central de Galicia.

En cumprimento do disposto no artigo 4 do Real decreto 873/1977, do 22 de abril, de desenvolvemento da Lei 19/1977, do 1 de abril, e para os efectos previstos nel, faise público que no correspondente servicio desta dirección xeral foron depositados a acta de constitución e os estatutos da Asociación Ganadera Central de Galicia, que ten os seguintes ámbitos:

Territorial: concellos da provincia da Coruña (Aranga, Irixoa e Paderne), e de Lugo (Guitiriz, Vilalba e limítrofes).

Profesional: tódalas persoas físicas e xurídicas relacionadas coa actividade gandeira.

Asinan a acta de constitución: César Fernández Pérez e dúas persoas máis.

Santiago de Compostela, 23 de maio de 2003.

Pilar Cancela Rodríguez

Directora xeral de Relacións Laborais