Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.353

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 16 de xuño de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso con procedemento aberto, da contratación da asistencia técnica para a realización do estudio e planificación do sistema de saneamento nos núcleos rurais do concello de Lugo.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral-Contratación.

c) Número de expediente: OH027361AT.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: asistencia técnica para o estudio e a planificación do sistema de saneamento dos núcleos rurais do concello de Lugo.

b) División por lotes e número: non hai división.

c) Lugar de execución: Concello de Lugo.

d) Prazo de execución ou data límite de entrega (meses): seis (6).

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación. Importe total: sesenta mil euros (60.000,00 A).

5. Garantía provisional: 2% do orzamento de licitación: mil douscentos euros (1.200,00 A).

6.Obtención de documentación: na copistería Copinino (Xeneral Pardiñas 2-Galerías).

7. Obtención de información:

a) Entidade: organismo autónomo Augas de Galicia.

b) Enderezo: praza Camilo Díaz Valiño, s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Teléfono: 981 54 49 95.

e) Telefax: 981 54 19 87.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio.

8. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: non se esixe.

b) Solvencia económica e financeira e solvencia técnica e profesional: a solvencia económica e financeira acreditarase polos medios establecidos no artigo 16.1º, alínea a), do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas (Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño); a solvencia técnica e profesional acreditarase polos medios establecidos no artigo 19, alíneas b), c) e e), da mesma lei.

9. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o décimo quinto día natural contado a partir do seguinte ó da publicación deste anuncio, ás 14 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a establecida no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: no rexistro xeral do organismo autónomo Augas de Galicia. Tamén por correo, segundo o disposto no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas; neste caso o licitador deberá anunciar ó órgano de contratación, no mesmo día da imposición, mediante télex, telegrama ou fax, o envío da documentación para concorrer ó concurso.

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta: tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: non se admiten.

10. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

b) Enderezo: rúa Doutor Maceira, nº 18-baixo (Conxo).

c) Localidade: 15706 Santiago de Compostela (A Coruña).

d) Data: 28 de xullo de 2003.

e) Hora: 10.30 horas.

11. Apertura do sobre A: terá lugar o acto público de apertura do sobre A (documentación persoal) o día 21 de xullo de 2003, ás 10.30 horas, na sala de xuntas da Empresa Pública de Obras e Servicios Hidráulicos.

12. Garantía definitiva: catro por cento (4%) do orzamento de adxudicación.

13. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

14. Portal informático ou páxina web onde figuran informacións relativas á convocatoria ou onde poden obterse os pregos: www.xunta.es/contratacion

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2003.

(P.D. Resolución 9-4-2003)

Emilio García Gallego

Director xeral do Organismo Autónomo

Augas de Galicia