En cumprimento do disposto no artigo 2, punto 4º, do Decreto 327/1991, do 4 de outubro, de avaliación de efectos ambientais para Galicia (DOG nº 199, do 15 de outubro), o órgano ambiental someterá o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Na súa virtude:
RESOLVO:
1. Someter a información pública o estudio de efectos ambientais do proxecto de microplanta de transferencia de residuos urbanos da mancomunidade de municipios do Carballiño, no concello do Carballiño (Ourense).
2. Para os devanditos efectos informativos poranse á disposición dos administrados exemplares nas seguintes dependencias:
* Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.
* Delegación Provincial da Consellería de Medio Ambiente de Ourense.
* Concello do Carballiño.
3. As alegacións formularanse durante o prazo de vinte (20) días, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de maio de 2003.
José Luis Díez Yáñez
Director xeral de Calidade e Avaliacion Ambiental