Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.345

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 23 de maio de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, polo que se relacionan liquidacións de xuros de demora, pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Álvarez Fernández, Manuel e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse liquidacións de xuros de demora, pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado polo Servicio de Recadación da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do artigo 61.2º da Lei de xuros de demora.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, diante do servicio de secretaría desta delegación territorial, con enderezo na rúa Concepción Arenal nº 8-3º andar, Vigo, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Vigo, 23 de maio de 2003.

Pedro J. Arbolí Albarracín

Delegado territorial de Vigo

ANEXO

InteresadoProcedemento

Álvarez Fernández, Manuel

DNI: 34621133-S

San Salvador, 6-6º B, Vigo

Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte. 4110/2000-I7/02. Liq. 2001103

Moreira Gonda, Clotilde

DNI: 35996680-R

Luis Taboada, 17-4º A, Vigo

Imposto de sucesións e doazóns.

Expte. 264/97-I23/02. Liq. 970000732

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA