Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Martes, 24 de xuño de 2003 Páx. 8.287

II. AUTORIDADES E PERSOAL

NOMEAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

DECRETO 286/2003, do 12 de xuño, polo que se nomea a Agustín Hernández Fernández de Rojas como delegado da Xunta de Galicia nas sociedades galegas concesionarias de autoestradas de peaxe.

O Decreto 390/1996, do 31 de outubro, crea a delegación da Xunta de Galicia nas sociedades concesionarias de autoestradas de peaxe, constituíndo esta delegación como órgano de relación da Xunta de Galicia coas referidas sociedades en tódolos asuntos e incidencias que se deriven do desenvolvemento dos contratos de concesión. E, consonte o disposto no artigo 36 da Lei 8/1972, do 10 de maio, de construcción, conservación e explotación de autoestradas en réxime de concesión, modificado pola Lei 13/2003, do 23 de maio, reguladora do contrato de concesión de obras públicas, é o órgano coordinador, executivo e de relación coa Administración, asinándolle funcións e competencias concretas.

Segundo establece o citado Decreto 390/1996, do 31 de outubro, no seu artigo 1.3º o delegado da Xunta nas sociedades concesionarias de autoestra

das de peaxe é nomeado polo Consello da Xunta por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

Por todo iso, por proposta do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, en uso das atribucións conferidas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día doce de xuño de dous mil tres,

DISPOÑO:

Nomear a Agustín Hernández Fernández de Rojas, director xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda, delegado da Xunta de Galicia nas sociedades galegas concesionarias de autoestradas de peaxe.

Disposición derradeira

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, doce de xuño de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

Alberto Núñez Feijóo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda