Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.280

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

SOCIEDADE DE IMAXE E PROMOCIÓN TURÍSTICA DE GALICIA, S.A.

CORRECCIÓN de erros.-Anuncio do 19 de maio de 2003 para a convocatoria dunha praza de persoal laboral fixo.

Advertidos erros no devandito anuncio, publicado no Diario Oficial de Galicia nº 119 do 20 de xuño de 2003, cómpre face-las oportunas correccións.

Na páxina 8.200, columna esquerda, onde di: «3.2. Galego», debe dicir: «3.4. Galego»; onde di: «3.3 Experiencia en xestión económica e de persoal en departamentos públicos», debe dicir: «3.5 Experiencia en xestión económica e de persoal en departamentos públicos»; onde di: «A valoración do punto 3.3 realizarase con base en:» debe dicir: «A valoración do punto 3.5 realizarase con base en:» e onde di: «3.4. Entrevista persoal», debe dicir: «4. Entrevista persoal».

Na mesma páxina, columna dereita, onde di: «... de acordo coa baremación indicada no punto 3.3...», debe dicir: «... de acordo coa baremación indicada no punto 3.5...».