Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.280

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

AXENCIA TRIBUTARIA

EDICTO do 9 de maio de 2003, do Servicio de Recadación da Delegación de Xirona, de citación para notificación por comparecencia.

De conformidade co disposto no artigo 105.6º da Lei xeral tributaria, segundo redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro (BOE do 31), o xefe de Recadación executiva da administración da Axencia Estatal de Administración Tributaria.

Fai saber que ó non ter sido posible, por causas non imputables á Administración tributaria, realizárlle-las notificacións ós interesados ou ós seus representantes nos procedementos que se indican na relación que segue, e tentadas aquelas por dúas veces, cítase os citados interesados, especificados na dita relación, para que no prazo de dez días hábiles, contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, comparezan na administración ou unidade de recadación que consta na Delegación da AEAT de Xirona, avda. Jaume I, 47, para poderen ser notificados regulamentariamente.

En caso de non compareceren no prazo e lugar sinalados, a notificación entenderase producida para tódolos efectos legais desde o día seguinte ó do seu vencemento.

Xirona, 9 de maio de 2003.

Felipe Sierra Aguirre

Xefe do Servicio de Recadación de Xirona

ANEXO

Relación publicación Comunidade Autónoma de Galicia.

Nome: Rodríguez Dobarro, Antonio.

NIF: 52480929-N.

Procedemento: constrinximento.

Referencia: 0399021484805.

Adm. comparecencia: avda. Jaume I, 47 Xirona.