Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.272

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

ANUNCIO de aprobación definitiva do proxecto de urbanización da rúa Gandarón (expediente 4415/401).

O Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo, en sesión do 8 de maio de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Estimar, estimar parcialmente e desestima-las alegacións interpostas durante o trámite de información pública no procedemento de referencia, no sentido e polos motivos que se sinalan na parte expositiva deste acordo.

Segundo.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización da rúa Gandarón (Lavadores), de iniciativa municipal, asinado polo enxeñeiro Alberto Moreno García, na súa última versión (expte. 4415/401).

Terceiro.-Notifíquese o contido íntegro deste acordo ós interesados e alegantes, coa indicación de que contra el cabe interpor, alternativamente, recurso de reposición ante esta Administración municipal no prazo dun mes, ou recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses. Notifíquese tamén á Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda da Xunta de Galicia, xunto cunha copia do proxecto de urbanización, ás entidades Estudio A. Moreno, S.L., Augas de Galicia, Gas Galicia, Fenosa e Seragua, ó departamento municipal de Vías e Obras e á oficina de Actuacións Viarias. Publíquese na forma legalmente establecida.

Contra o devandito acordo que pon fin á vía administrativa poderán interpoñerse os seguintes recursos:

a) Potestativo de reposición ante o Consello da Xerencia Municipal de Urbanismo de Vigo no prazo dun mes a partir do día seguinte da publicación do presente anuncio.

b) Contencioso-administrativo ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados desde o día seguinte o da publicación deste anuncio.

De conformidade co artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, LRXAP-PAC, por medio do presente anuncio, notifícase o acordo que nel se contén a tódolos propietarios afectados descoñecidos, de ignorado enderezo, respecto dos cales non se puido practica-la notificación intentada.

Vigo, 16 de maio de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde-presidente da Xerencia Municipal

de Urbanismo