Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.254

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 25 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/38-2, 6028 A.T.).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: BEGASA.

Domicilio social: Cidade de Viveiro, 27002 Lugo.

Denominación: reelectrificación de San Vicente, Vicos e Pedroso.

Situación: Mondoñedo.

Descricións técnicas: L.A.T. derivación a C.T. San Vicente, orixe apoio nº 2 da L.M.T. en proxecto derivación a C.T. Vicos, e final en apoio nº 1 do C.T San Vicente, a súa lonxitude é de 14,23 m.

L.A.T. derivación a C.T. Vicos, con orixe nun apoio existente anterior á derivación do antigo C.T. San Vicente e final no apoio nº 10 do C.T. Vicos, a súa lonxitude será de 1.112,17 m.

L.A.T. derivación a C.T. Pedroso, con orixe en apoio nº 5 da L.M.T. en proxecto derivación a C.T. Vicos e final en apoio nº 3 a C.T. Pedroso, lonxitude 336,58 m.

Instálanse tres C.T., denominados C.T. San Vicente de 160 kVA, C.T. Vicos de 160 kVA e C.T. Pedroso de 160 kVA.

Os R.B.T. executaranse en conductores R.Z.-95 e R.Z.-50, tensados sobre apoios de formigón ou grupados sobre fachadas e situados en zona A. As acometidas serán en conductor R.Z. 4x25 Al.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Lugo, 25 de abril de 2003.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo