Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.245

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

INSTITUTO GALEGO DE PROMOCIÓN ECONÓMICA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2003 pola que se modifican as bases reguladoras das axudas ós proxectos empresariais de investimento.

Segundo os acordos acadados polo Igape co Ministerio de Economía no marco do Plan Galicia estatal e o de Dinamización Económica galego, resulta necesario adecua-las bases reguladoras das axudas do Igape ós proxectos empresariais de investimento, co fin de garanti-las porcentaxes mínimas de apoio conxunto entre incentivos rexionais e o Igape do 35% de investimento incentivable para os proxectos que se localicen na Costa da Morte e do 30% para os novos proxectos ou os proxectos de ampliación que se localicen en determinadas zonas de Lugo e Ourense.

Por todo o anterior, e de conformidade coas facultades que teño conferidas,

DISPOÑO:

Único.-Publica-la seguinte modificación das bases do programa de axuda ós proxectos empresariais de investimento, acordada polo Consello de Dirección do Igape na súa reunión do 5 de xuño de 2003, introducindo unha disposición transitoria co seguinte texto:

«Disposición transitoria

Para as solicitudes de axuda presentadas ata o 31 de decembro de 2004 e independentemente da ratio investimento/emprego que presenten, aplicaranse os seguintes criterios:

a) Para proxectos de investimento localizados nos municipios da Costa da Morte que se sinalan no epígrafe I do anexo a esta disposición transitoria, que tendo solicitado as axudas previstas na Lei 50/1985, do 27 de decembro, de incentivos rexionais para a corrección de desequilibrios económicos interterritoriais, conten cunha proposta favorable de axuda ben do grupo de traballo ou do consello rector previstos na dita lei, o Igape complementará a axuda resultante da dita proposta ata acadar un mínimo do 35% de subvención sobre o importe de investimento subvencionable.

b) Para proxectos de investimento de nova implantación ou de ampliación con creación de emprego localizados nos municipios de Lugo e Ourense que se sinalan no epígrafe II do anexo a esta disposición transitoria, que tendo solicitado as axudas previstas na Lei 50/1985, do 27 de decembro, de incentivos rexionais para a corrección de desequilibrios económicos interterritoriais, conten cunha proposta favorable de axuda ben do grupo de traballo ou do consello rector previstos na dita lei, o Igape complementará a axuda resultante da dita proposta ata acadar un mínimo do 30% de subvención sobre o importe de investimento subvencionable.

Esta disposición entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, e afectará as solicitudes presentadas a partir desa data».

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2003.

Margarita Rodríguez Rama

Directora xeral do Instituto Galego de Promoción

Económica

Anexo á disposición transitoria das bases reguladoras das axudas ós proxectos empresariais de investimento.

I. Municipios da Costa da Morte.

MurosLaxe

CarnotaCabana de Bergantiños

CeePonteceso

DumbríaMalpica de Bergantiños

CorcubiónCarballo

FisterraLaracha

MuxíaZas

CamariñasVimianzo

Coristanco

II. Municipios das áreas de dinamización prioritaria.

Lugo:

RibadeoOuteiro de Rei

BarreirosLugo

FozO Corgo

MondoñedoSarria

LourenzáO Incio

TrabadaBóveda

BegonteMonforte de Lemos

RábadeA Pobra de Brollón

Ourense:

O CarballiñoXunqueira de Ambía

LeiroSarreaus

BeadeXinzo de Limia

RibadaviaAllariz

Carballeda de AviaSandiás

MelónA Gudiña

ArnoiaA Mezquita

Paderne de AllarizRiós

TaboadelaVerín

Baños de Molgas

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA