Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.244

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 21 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se dispón o rexistro, o depósito e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, da revisión salarial do convenio colectivo do sector de maioristas de froitas varias, hortalizas e plátanos.

Visto o expediente de revisión salarial do convenio colectivo do sector de maioristas de froitas varias, hortalizas e plátanos, que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30-4-2003, subscrito pola comisión paritaria de interpretación do devandito convenio o día 22-4-2003, de conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1995, do 24 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre

rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación provincial

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo depósito do citado acordo no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de maio de 2003.

Elisa Madarro González

Delegada provincial da Coruña

Acta da comisión paritaria do convenio

de comercial maiorista de froitas varias,

hortalizas e plátanos

Asistentes:

-Pola parte empresarial:

Víctor Dopico.

Emilio Novoa Losada.

José Bermúdez Casais.

Rafael Verdia (asesor).

-Pola parte social:

Olga Montes (CC.OO.).

Juan Esparza (CC.OO.).

Soledad Méndez Rodríguez (asesora-CC.OO.).

Na Coruña o 22 de abril de 2003, ás 19.00 horas, reúnense nos locais da asociación empresarial as partes que á marxe se relacionan, na representación que desempeñan, e que compoñen a comisión paritaria do convenio colectivo provincial do comercio maiorista de froitas varias, hortalizas e plátanos, co obxecto de proceder á actualización de salarios como consecuencia da desviación do IPC do ano 2002.

Para tal efecto constatan:

1º Que o artigo 22 do convenio colectivo establece, para o ano 2002, que «No caso de que o IPC, o 31 de decembro de 2002, sexa superior a 2,9 puntos, regularizaranse os salarios no citado exceso. O cálculo efectuarase sobre os salarios vixentes o 31 de decembro de 2001 e con efectos do 1 de xaneiro de 2002».

2º Que o IPC do período 1-1-2002 ó 31-12-2002 é do 4%.

En virtude do anterior,

ACORDAN:

Primeiro.-Proceder á revisión das táboas do ano 2002, conforme o exceso do IPC real do ano 2002

sobre o 2,9; este diferencial ascende a 1,1%.

Segundo.-A revisión realízase conforme o pactado no artigo 22 do convenio colectivo.

Terceiro.-O complemento de transporte e as axudas de custo pasan a te-la seguinte contía:

Complemento de transporte: 43,49 euros.

Axudas de custo:

-Comida: 8,35 euros.

-Comida e cea: 12,72 euros.

-Comida, cea e pernoita: 20,03 euros.

Cuarto.-Acórdase remitir esta acta xunto coas táboas salariais anexas á autoridade laboral, para que proceda a dar trámite ós actos relativos ó rexistro, depósito e publicación. Para tal efecto autorízase expresamente a Soledad Méndez Rodríguez, para que dilixencie estes trámites ante a autoridade laboral.

E non habendo máis asuntos que tratar, sendo as 20 horas, levántase a reunión, asinando a acta tódolos asistentes en proba de conformidade.

Táboas salariais ano 2002

Sector maiorista de froitas varias, hortalizas e plátanos.

Categoría profesional

Salario

mensual

Antigüidade

cuadrienio

Salario

anual

Director comercial664,01 A22,70 A9.960,15 A
Encargado xeral664,01 A22,70 A9.960,15 A
Ofical administrativo620,67 A22,70 A9.310,05 A
Administrativo601,72 A22,70 A9.025,80 A
Auxiliar administrativo594,04 A22,70 A8.910,60 A
Auxiliar administrativo menor de 18 anos517,98 A22,70 A7.767,70 A
Dependente601,72 A22,70 A9.025,80 A
Axudante594,04 A22,70 A8.910,60 A
Chofer601,72 A22,70 A9.025,80 A
Chofer repartidor601,72 A22,70 A9.025,80 A
Mecánico601,72 A22,70 A9.025,80 A
Axudante mecánico585,65 A22,70 A8.784,75 A
Mozo especialista597,36 A22,70 A8.960,40 A
Mozo585,65 A22,70 A8.784,75 A
Axudante menor de 18 de anos517,98 A22,70 A7.767,70 A
Vixilante, sereno, ordenanza585,65 A22,70 A8.784,75 A
Persoal de limpeza585,65 A22,70 A8.784,75 A

Táboas salariais ano 2003

Sector maiorista de froitas varias, hortalizas e plátanos.

Categoría profesional

Salario

mensual

Antigüidade

cuadrienio

Salario

anual

Director comercial680,61 A23,27 A10.209,15 A
Encargado xeral680,61 A23,27 A10.209,15 A
Ofical administrativo636,19 A23,27 A9.542,85 A
Administrativo616,76 A23,27 A9.251,40 A
Auxiliar administrativo608,89 A23,27 A9.133,35 A
Auxiliar administrativo menor de 18 anos530,93 A23,27 A7.963,95 A
Dependente616,76 A23,27 A9.251,40 A
Axudante608,89 A23,27 A9.133,35 A
Chofer616,76 A23,27 A9.251,40 A
Chofer repartidor616,76 A23,27 A9.251,40 A
Mecánico616,76 A23,27 A9.251,40 A
Axudante mecánico600,29 A23,27 A9.004,35 A
Mozo especialista612,29 A23,27 A9.184,35 A
Mozo600,29 A23,27 A9.004,35 A
Axudante menor de 18 de anos530,93 A23,27 A7.963,95 A
Vixilante, sereno, ordenanza600,29 A23,27 A9.004,35 A
Persoal de limpeza600,29 A23,27 A9.004,35 A