Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 120 Luns, 23 de xuño de 2003 Páx. 8.217

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 11 de xuño de 2003 pola que se modifica a oferta de ciclos formativos en centros públicos da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Lei orgánica 1/1981, do 6 de abril, pola que se aprobou o Estatuto de autonomía de Galicia, e o Real decreto 1763/1982, do 24 de xullo, sobre o traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia en materia de educación, recoñécenlle á nosa Comunidade Autónoma as competencias en materia de planificación, regulación e administración do ensino regrado en tódolos niveis e graos, modalidades e especialidades, de acordo cos preceptos emanados da Constitución e das leis que lle sexan de aplicación, competencias que foron asumidas polo Decreto 114/1982, do 1 de setembro e asignadas a Consellería de Educación e ordenación Universitaria no seu artigo 2.

No marco destas competencias e da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, co propósito de actualiza-la cualificación dos cidadáns, persegue como un dos obxectivos básicos para a formación profesional e as artes aplicadas e deseño o de lles dar unha

resposta puntual e axeitada ós requirimentos de formación profesional provenientes do mundo productivo.

O Decreto 88/1999, do 11 de marzo (DOG do 13 de abril), polo que se regula a ordenación xeral das ensinanzas de educación de persoas adultas e os requisitos mínimos dos centros, establece no artigo 5 que a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria adecuará as ensinanzas de formación profesional ás peculiaridades e características das persoas adultas.

Así mesmo, o Plan Galego de Formación Profesional, aprobado polo Consello da Xunta de Galicia o día 27 de xuño de 2001, considera a cualificación profesional dos cidadáns como unha medida esencial para dar resposta ás necesidades do tecido productivo, o que redundará nun aumento da empregabilidade e facilitará a libre circulación das persoas nas mesmas condicións de competitividade profesional que as dos países máis avanzados do noso contorno.

Neste contexto, a necesidade de manter en todo momento actualizada a oferta educativa dos centros xustifica a súa revisión periódica de xeito que o alumnado que remata o ensino secundario obrigatorio e as diferentes modalidades de bacharelato, así como as persoas adultas, posúan unha oferta de ciclos formativos de graos medio e superior diversificada e adaptada ás súas necesidades e ás demandas do mercado laboral.

De acordo co Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, tendo en conta o informe da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais e de conformidade coa proposta da Dirección Xeral de Centros e Inspección Educativa, esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la implantación dos ciclos formativos en réxime ordinario e para as persoas adul

tas, por ciclo completo, nos centros relacionados no anexo I, a partir do curso 2003-2004.

Segundo.-Suprimi-los ciclos formativos polo réxime ordinario e para as persoas adultas, por ciclo completo, nos centros relacionados no anexo II, a partir do curso 2003-2004.

Terceiro.-Autoriza-la oferta modular dos ciclos formativos, polo réxime para as persoas adultas, nos módulos e centros relacionados no anexo III, a partir do curso 2003-2004.

Cuarto.-Suprimi-la oferta modular dos ciclos formativos, polo réxime para as persoas adultas, nos módulos e centros relacionados no anexo IV, a partir do curso 2003-2004.

Quinto.-Requirirase un mínimo de 10 alumnos para poder imparti-los ditos ciclos formativos, non contabilizándose para estes efectos o alumnado repetidor. Un número menor de alumnos esixe a autorización expresa da Dirección Xeral de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para poñer en funcionamento esta ensinanza, non podendo, mentres tanto, formalizar ningunha matrícula. Esta condición do número mínimo de alumnos debe ser posto en coñecemento dos interesados no momento da súa preinscrición.

Disposicións derradeiras

Primeira.-Autorízanse as direccións xerais de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais, de Centros e Ordenación Educativa e de Persoal para toma-las medidas precisas para a execución da presente orde.

Segunda.-A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO I

ConcelloCódigoCentroRéximeCódigoCiclo

Betanzos15001136IES Francisco AguiarOrdinarioCS11003CS Información e comercialización turísticas

Betanzos15001148IES As MariñasOrdinarioCS09001CS Instalacións electrotécnicas

Carballo15002591IES Monte NemeOrdinarioCS09001CS Instalacións electrotécnicas

A Coruña15005257IES Ramón Menéndez PidalOrdinarioCS06002CS Xestión comercial e marketing

A Coruña15005269IES Urbano LugrísOrdinarioCM17002CM Instalación e mantemento electromecánico de maquinaria e conducción de liñas

OrdinarioCS09001CS Instalacións electrotécnicas

Culleredo15005749IES Cruceiro BalearesOrdinarioCS17004CS Prevención de riscos profesionais

Fene15032081IES FeneOrdinarioCS09004CS Sistemas de telecomunicación e informáticos

OrdinarioCM 17001Montaxe e mantemento de instalacións de frío, climatización e producción de calor

Ferrol15006754IES Marqués de SuanzesOrdinarioCS 10002CS Desenvolvemento de proxectos mecánicos

Ferrol15025645IES Ricardo Carballo CaleroOrdinarioCM12002CM Estética persoal e decorativa

Padrón15023090IES Macías O NamoradoOrdinarioCS09003CS Sistemas de regulación e control automáticos

Ponteceso15026406IES de PontecesoOrdinarioCS16001CS Automoción

Lugo27006531IES Lucus AugustiOrdinarioCS18003CS Análise e control

Ribadeo27010945IES Porta da AugaAdultosDM08001CM Acabamentos de construcción

Celanova32016625IES de CelanovaOrdinarioCM09002CM Equipos e instalacións electrotécnicas

Ourense32009116IES 12 de OutubroOrdinarioCS09001CS Instalacións electrotécnicas

ConcelloCódigoCentroRéximeCódigoCiclo

Ourense32009116IES 12 de OutubroOrdinarioCS10004CS Producción por mecanizado

Ourense32015050IES A FarixaOrdinarioCS11001CS Axencia de viaxes

Ourense32016765IES PortovelloOrdinarioCS04002CS Secretariado

Pontevedra36020064IES Carlos OrozaOrdinarioCS11002CS Aloxamento

Redondela36019566IES de ChapelaOrdinarioCS20002CS Educación infantil

Vigo36013448IES Manuel AntonioAdultosDM11003CM Servicios de restaurante e bar

Vigo36024461IES de BouzasOrdinarioCM13005CM Conserveira vexetal, cárnica e de peixe

ANEXO II

ConcelloCódigoCentroRéximeCódigoCiclo

Castro de Rei27015891IES da Terra Chá, José Trapero PardoOrdinarioCM13001CM Elaboración de productos lácteos

Chantada27003175IES Val do AsmaOrdinarioCM04001CM Xestión administrativa

Foz27020562IES de FozAdultosDM06001CM Comercio

Monforte de Lemos27007260CFEA de Monforte de LemosOrdinarioCM13002CM Elaboración de viños e outras bebidas

Ribadeo27010945IES Porta da AugaOrdinarioCM08001CM Acabados de construcción

Viveiro27013636IES María SarmientoAdultosDM04001CM Xestión administrativa

Allariz32016339IES de AllarizOrdinarioCM04001CM Xestión administrativa

Bande32016340IES Aquis QuerquernisOrdinarioCM04001CM Xestión administrativa

Celanova32016625IES de CelanovaOrdinarioCS09001CS Instalacións electrotécnicas

A Pobra de Trives32015876IES Xermán Ancochea QuevedoOrdinarioCM04001CM Xestión administrativa

A Rúa32016637IES Cosme López RodríguezOrdinarioCM06001CM Comercio

Vilamarín32016285IES de VilamarínOrdinarioCM01002CM Xardinería

ANEXO III

ConcelloCódigoCentroCódigoCicloMódulos

A Coruña15027800IES Imaxe e SonZS07001CS Realización de audiovisuais e espectáculosRepresentacións escénicas e espectáculos

ZS07003CS ImaxeImaxe fotográfica

15005269IES Urbano LugrísZM09001CM Equipos electrónicos de consumoInstalacións básicas

Electrónica dixital.

Sistemas electrónicos de información

Calidade

15027770IES A SardiñeiraZS18004CS Industrias de proceso químicoFluidodinámica e termotecnia en industrias de proceso

Proceso químico

Seguridade e ambiente químico

Control de calidade na industria química

Culleredo15005749IES Cruceiro BalearesZM03003CM Operación, control e mantemento de máquinas e instalacións do buqueAutomatización, regulación e control

Formación e orientación laboral

Relacións no equipo de traballo

ZM03004CM Pesca e transporte marítimoAutomatización, regulación e control

Formación e orientación laboral

Relacións no equipo de traballo

ZM09001CM Equipos electrónicos de consumoInstalacións básicas

Formación e orientación laboral

Relacións no equipo de traballo

ZM09002CM Equipos e instalacións electrotécnicasInstalacións eléctricas de interior

Automatismos e cadro eléctricos

Formación e orientación laboral

Relacións no equipo de traballo

ZS03003CS Supervisión e control de máquinas e instalacións do buqueSistemas automáticos e de regulación do buque.

Formación e orientación laboral

Relacións no contorno de traballo

ZS09002CS Desenvolvemento de productos electrónicosElectrónica analóxica

Formación e orientación laboral

Relacións no contorno de traballo

ZS09001CS Instalacións electrotécnicasInformática técnica

Técnicas e procesos nas instalacións singulares nos edificios.

Formación e orientación laboral

Relacións no contorno de traballo

Ferrol15006754IES Marqués de SuanzesZM10001CM Soldadura e caldeireríaCalidade en construccións metálicas

Trazado en construccións metálicas

Seguridade nas industrias de construccións metálicas

Montaxe nas industrias de construcción metálicas

Soldadura en atmosfera protexida

ZM10003CM MecanizadoRelacións no equipo de traballo

Sistemas auxiliares na fabricación mecánica

Fabricación por abrasión, conformado e procedementos especiais

ZM09001CM Equipos electrónicos de consumoCalidade

Equipos microinformáticos e terminais de telecomunicación

Equipos de son

Equipos de imaxe

ConcelloCódigoCentroCódigoCicloMódulos

ZM09002CM Equipos e instalacións electrotécnicasInstalacións automatizadas en vivendas e edificios

Mantemento de máquinas eléctricas

Instalacións eléctricas de enlace e centros de transformación

Administración, xestión e comercialización na pequena empresa

Instalacións singulares en vivendas e edificios

Santiago15016000IES CompostelaZM11003CM Servicios de restaurante e barBebidas

Técnicas de servicio e atención ó cliente

Foz27020562IES de FozZM06001CM ComercioAdministración e xestión dun pequeno establecemento comercial

Aplicacións informáticas de propósito xeral

Lingua estranxeira: inglés

Relacións no equipo de traballo

Lugo27006528IES As MercedesZM06001CM ComercioAdministración e xestión dun pequeno establecemento comercial

Operacións de almacenaxe

Aplicacións informáticas de propósito xeral

Formación e orientación laboral

Relacións no equipo de traballo

27015773IES A PiringallaZS04001CS Administración e finanzasXestión de aprovisionamento

Aplicacións informáticas e operacións de teclado

Contabilidade e fiscalidade

Monforte de Lemos27007260CFEA de Monforte de LemosZM13002CM Elaboración de viños e outras bebidasHixiene e seguridade na industria alimentaria

Operacións e control de almacén

Materias primas, productos e procesos na industria de bebidas

Formación e orientación laboral

27015311IES A PinguelaZS04002CS Administración e finanzasXestión de aprovisionamento

Xestión financeira

Administración pública

Auditoría

Productos e servicios financeiros e de seguros

Ribadeo27010945IES Porta da AugaZM08001CM Acabados de construcciónPinturas e vernices

Revestimentos continuos conglomerados

Revestimentos en láminas

Viveiro27013636IES María SarmientoZM04001CM Xestión administrativaAplicacións informáticas

Xestión administrativa da compravenda

Xestión administrativa de persoal

Contabilidade xeral e tesourería

Marín36015159IES Chan do MonteZM04001CM Xestión administrativaAplicacións informáticas

Xestión administrativa da compravenda

Contabilidade xeral e tesourería

Nigrán36015184IES Escolas ProvalZM09001CM Equipos electrónicos de consumoInstalacións básicas

Sistemas electrónicos de información

Redondela36019566IES de ChapelaZS19003CS DietéticaMicrobioloxía e hixiene alimentaria

Proxecto integrado

Alimentación equilibrada

Fisiopatoloxía aplicada á dietética

Organización e xestión na área de traballo asinada na unidade/gabinete de dietética

Formación e orientación laboral

36016656IES Pedro FlorianiZM04001CM Xestión administrativaAplicacións informáticas

Xestión administrativa da compravenda

Tui36014544IES Francisco SánchezZM06001CM ComercioAdministración e xestión dun pequeno establecemento comercial

Aplicacións informáticas de propósito xeral

ZM09002CM Equipos e instalacións electrotécnicasInstalacións eléctricas de interior

Automatismos e cadros eléctricos

Vigo36017430IES Ricardo MellaZS04001CS Administración e finanzasContabilidade e fiscalidade

Vilagarcía36019669IES Armando Cotarelo ValledorZM04001CM Xestión administrativaContabilidade xeral e tesourería

Productos e servicios financeiros e de seguros básicos

Xestión administrativa da compravenda

Xestión administrativa de persoal

ZS14002CS Administración de sistemas informáticosSistemas de xestores de bases de datos

Desenvolvemento de funcións nos sistemas informáticos

Proxecto integrado

Formación en centros de traballo

ANEXO IV

ConcelloCódigoCentroCódigoCicloMódulos

A Coruña15027800IES Imaxe e SonZS07001CS Realización de audiovisuais e espectáculosSistemas técnicos de realización

ZS07003CS ImaxeImaxe audiovisual

Illa de Arousa, A36020209Instituto Galego de Formación en AcuiculturaZM03002CM de operacións de cultivo acuícolaInstalacións e equipos de cultivo

Técnicas de cultivo de crustáceos

Relacións no equipo de traballo

Formación en centros de traballo

Parámetros e condicións de cultivo

Técnica de cultivos auxiliares

Redondela36019566IES de ChapelaZS19003CS DietéticaControl alimentario

Educación sanitaria e promoción da saúde

Relacións no contorno de traballo

ConcelloCódigoCentroCódigoCicloMódulos

Vigo36017430IES Ricardo MellaZS19006CS Imaxe para o diagnósticoFundamentos e técnicas de exploración radiolóxica mediante equipos de dixitalización de imaxes

Fundamentos e técnicas de exploración de medicina nuclear

Vilagarcía de Arousa36019669IES Armando Cotarelo ValledorZS14002CS Administración de sistemas informáticosFundamentos de programación

Implantación de aplicacións informáticas de xestión

Formación e orientación laboral