Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.193

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIOTORTO

ANUNCIO.

Aprobados pola Comisión de Goberno deste concello os pregos de cláusulas administrativas particulares que han de rexer na contratación polo procedemento aberto e sistema de concurso da obra de acondicionamento e mellora do acceso da estrada Pastoriza-Cruz da Cancela ó barrio de Lamas-Vilaseca, expóñense ó público polo prazo de oito días hábiles contados desde a inserción deste anuncio no BOP e para os efectos previstos no artigo 122.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril.

Declarada a urxencia do procedemento de contratación, de conformidade co establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000 e 322 da Lei 5/1997, do 22 de xullo, e con base no disposto no

artigo 122.2º do real decreto lexislativo citado, anúnciase simultaneamente cos pregos de cláusulas administrativas particulares a licitación da obra, a cal quedará aprazada se houbese reclamacións contra os pregos, ata a súa resolución.

1. Entidade adxudicataria: Concello de Riotorto.

2. Obxecto do contrato: acondicionamento e mellora do acceso da estrada Pastoriza-Cruz da Cancela ó barrio de Lamas-Vilaseca.

a) Descrición do obxecto:

b) Lugar de execución: Vilaseca.

c) Prazo de execución: 3 meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación: 56.915,85 euros.

5. Garantía provisional: 2% do tipo de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Riotorto.

b) Domicilio: praza das Rodrigas nº 1.

c) Localidade e código postal: Riotorto, 27744.

d) Teléfono: 982 34 62 22.

e) Telefax: 982 34 60 33.

f) Data límite de obtención de documentos e información: o último día hábil á presentación da documentación.

7. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Solvencia económica, financeira, técnica e profesional: acreditación de conformidade co punto 16 dos pregos.

8. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: 13 días naturais contados desde o seguinte ó da inserción do edicto no BOP e no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 16 dos pregos.

c) Lugar de presentación: Concello de Riotorto.

9. Apertura das ofertas: o seguinte día hábil a aquel no que termine o prazo de presentación das proposicións abrirase a documentación xeral. Se é sábado realizarase o primeiro día hábil seguinte.

A apertura das proposicións coas melloras e oferta económica realizarase no sexto día hábil contado desde o seguinte ó da apertura da documentación xeral. Se fose sábado realizarase o seguinte día hábil.

Ambos actos faranse no Concello de Riotorto.

10. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Riotorto, 21 de maio de 2003.

José López Cabodevila

Alcalde