Visto o expediente instruído para efectos de transmisión da batea Campo e da concesión administrativa que o ampara, resulta:
a) Antecedentes de feito.
Primeiro.-Mediante escrito do 30-4-2002, Fco. Juan Manuel Otero Dios solicitou autorización para a transmisión da concesión da batea Campo.
Segundo.-O interesado achegou a documentación requirida para a tramitación.
Terceiro.-Os informes do Servicio de Protección dos Recursos sobre as características da batea e do Servicio Técnico Xurídico sobre a tramitación do expediente son favorables.
b) Fundamentos xurídicos.
Primeiro.-Este órgano é competente para resolve-lo expediente de conformidade coa Lei 6/1993, do 11 de maio, de pesca de Galicia, e coa Orde do 14 de xuño de 1999, de delegación de competencias nos delegados territoriais da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.
Segundo.-O expediente seguiu tódolos trámites establecidos no procedemento administrativo común, coas especialidades previstas no Decreto 406/1996, do 7 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia, e na Orde do 15 de xuño de 1999, pola que se regula o procedemento para a transmisión da titularidade das concesións dos viveiros de cultivos mariños nas augas de Galicia.
Vistas as disposicións citadas, a proposta de resolución elaborada polo Servicio de Recursos Mariños, o artigo 89 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e demais normas de xeral e pertinente aplicación, esta consellería
RESOLVE:
Autoriza-la transmisión mortis causa, a favor de Salvador Otero Fernández (35333722-H), Salvador Otero Dios (35397478-H) e Fco. Juan Manuel Otero Dios (35431602-X) da concesión que se indica a continuación:
Identificación:
Tipo: batea.
Nome: Campo.
Localización:
Cuadrícula nº: 174.
Polígono: C.
Distrito: Cambados (Pontevedra).
Especies autorizadas: mexillón (Mytilus galloprovincialis).
Título habilitante:
Orde de outorgamento: 14-5-1975.
Remate da vixencia: 19-6-2005.
Actuais titulares: Salvador Otero Fernández (35333722-H) e Teresa Dios Otero.
Novos titulares: Salvador Otero Fernández (35333722-H), Salvador Otero Dios (35397478-H) e Fco. Juan Manuel Otero Dios (35431602-X).
Os novos titulares subróganse nos dereitos e obrigas dos anteriores.
Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpoñer recurso potestativo de reposición no prazo dun mes ante o conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, ou recurso contencioso-administrativo, ante a xurisdicción contencioso-administrativa, no prazo de dous meses, contados en ámbolos dous casos desde o día seguinte ó da súa publicación, de conformidade co disposto no artigo 116 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o artigo 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.
Vigo, 26 de febreiro de 2003.
P.D. (Orde 14-6-1999, DOG nº 120, do 24 de xuño)
Paloma Rueda Crespo
Delegada territorial de Vigo