Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.169

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autoriza administrativamente e se aproba o proxecto de execución da modificación da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV, Atios-Balaídos-Citroën, entre os apoios números 37 e 39 no termo municipal de Vigo (Pontevedra). (Expediente IN407A 02/393-4).

Examinado o expediente instruído a pedimento da empresa Unión Fenosa Distribución, S.A., con domicilio para efectos de notificación na travesía de Vigo 204, 26207 Vigo, resultan os seguintes

Antecedentes de feito.

Primeiro.-Con data do 7 de outubro de 2002 a citada empresa solicita a autorización administrativa

e a aprobación do proxecto de execución da citada instalación; presenta o preceptivo proxecto de instalacións a que fan referencia os artigos 122 e 123 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica.

As características técnicas básicas da instalación son as seguintes:

-Modificación da L.A.T., a 132 kV, aérea D/C, denominada Atios-Balaídos-Citroën, entre os apoios 37 e 39, engadindo os apoios 38A e 38B, sendo a modificación de 765 m de lonxitude, con conductor tipo LA-455. A modificación sitúase en Valadares, no termo municipal de Vigo (Pontevedra).

Segundo.-A Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra someteu o citado proxecto de instalacións ó trámite de información pública mediante Resolución do 15 de outubro de 2002, publicada no DOG do 28 de novembro, no BOP de Pontevedra do 15 de novembro, e na Delegación Provincial de Pontevedra.

Separadamente presentáronse aquelas partes do proxecto que afectan bens, instalacións, obras ou servicios, centros ou zonas dependentes doutros organismos públicos ou corporacións, co fin de que, se é o caso, establecesen o condicionado procedente.

Terceiro.-Durante o período en que se someteu a trámite de información pública non se presentaron alegacións.

Cuarto.-A solicitude obxecto deste expediente está informada favorablemente pola Delegación Provincial de Pontevedra.

Fundamentos de dereito.

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é a competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia, o Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo, o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, e o Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e a Lei 54/1997, do 27 de novembro, xa citados.

Segundo.-O proxecto cumpre o disposto no Decreto 3151/1968, do 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de liñas eléctricas de alta tensión e, en concreto, nos seus artigos 5 e 6.

Terceiro.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites regulamentarios.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

Primeiro.-Autoriza-la modificación da liña aérea de transporte de enerxía eléctrica a 132 kV,

Atios-Balaídos-Citroën, entre os apoios nº 37 e nº 39 no termo municipal de Vigo (Pontevedra).

Segundo.-Aproba-lo proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de os interesados poderen interpoñer calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas