O artigo 5.2º do Decreto 442/1990, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG número 188, do 25 de setembro), dispón que os estudios de impacto ambiental se someterán ó trámite de información pública, durante trinta días hábiles, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude
RESOLVO:
Someter a información pública, por un prazo de trinta días hábiles contados a partir da publicación da presente resolución, o estudio de impacto ambien
tal e o plan de restauración da concesión de explotación derivada de permiso de investigación Pena de Rey fracción 2ª número 5893.2, sita en terreos do concello de Lugo, provincia de Lugo e solicitado por Ingemarga, S.A.
Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar para consulta nas oficinas desta dirección xeral, así como nas dependencias da Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio correspondente. As alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.
Santiago de Compostela, 5 de maio de 2003.
Ramón Ordás Badía
Director xeral de Industria, Enerxía e Minas