Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.168

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se someten a información pública o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación derivada de permiso de investigación San Javier 2, 5649.2, da provincia de Lugo e promovida por Ingemarga, S.A.

En cumprimento do disposto no artigo 2.4º do Decreto 327/1991, de avaliación dos efectos ambientais para Galicia (DOG número 199, do 15 de outubro), e durante o prazo de vinte días hábiles, someterase o estudio de efectos ambientais ó trámite de información pública, mediante anuncio no Diario Oficial de Galicia. Na súa virtude,

RESOLVO:

Someter a información pública, por un prazo de vinte días hábiles contados a partir da publicación desta resolución, o estudio de efectos ambientais e o plan de restauración do pase a concesión de explotación derivada de permiso de investigación San Javier 2, 5649.2, localizada en terreos do concello de Castroverde, provincia de Lugo, e solicitado por Ingemarga, S.A.

Para os efectos informativos porase á disposición dos administrados que o soliciten un exemplar del para consulta nas oficinas desta dirección xeral, nas dependencias das delegacións provinciais das consellerías de Innovación, Industria e Comercio e de Medio Ambiente correspondentes, así como no Concello de Castroverde, e as alegacións formularanse durante o prazo sinalado nas mesmas oficinas.

Santiago de Compostela, 22 de abril de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas