Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.166

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convoca concurso público, declarado de urxencia, para a contratación do servicio de mantemento do Centro Residencial Docente (CRD) de Vigo dependente desta consellería. (Expediente 04/03SE).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Construccións e Equipamento. Servicio de Contratación e Equipamento.

c) Número de expediente: 04/03SE.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: contratación do servicio de mantemento do Centro Residencial Docente (CRD) de Vigo.

b) Lugar de entrega: Centro Residencial Docente (CRD) de Vigo.

c) Prazo de execución: desde o 17 de xullo de 2003 ata o 31 de agosto de 2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 236.900,00 euros.

5. Garantías.

Provisional: 2% do importe total de licitación.

6. Obtención de documentación e información.

6.1. Información.

a) Entidade: Oficina de información da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano s/n, Santiago de Compostela.

6.2. Adquisición de pregos:

a) Teléfono: 981 58 54 55.

b) Domicilio: praza de Mazarelos, nº 14 baixo, 15703 Santiago de Compostela.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2702

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito días contados desde o día seguinte ó da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, ás 14.00 horas.

b) Documentación que hai que presentar: a sinalada no punto 8 do prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria ou por correo.

2ª Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

3ª Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

8. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano, s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela.

d) Data e hora: o quinto día hábil contado desde o día seguinte ó da finalización do prazo para presentar ofertas, ás 11.00 horas.

9. Gastos de anuncios.

Por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2003.

Néstor Valcárcel Teijeiro

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria