Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.162

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2003 pola que se anuncia a licitación do concurso aberto das obras de clave: PO/03/074.02 e cinco máis.

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

2. Obxecto de cada contrato.

a) Descrición do obxecto: reforzo do firme na PO-222 Campo Lameiro-Codeseda, p.k. 4+530 ó 19+940, PO-200 intersección N-525 á PO-202, p.k. 0+000 ó 1+900, estrada PO-214 Pontecesures-Baloira, p.k. 0+000 ó 0+650.

Clave do expediente: PO/03/074.02.

Orzamento base de licitación: un millón trescentos seis mil seiscentos sesenta e tres euros con sesenta e seis céntimos (1.306.663,66 euros)

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría f.

División por lotes e número: non hai.

b) Descrición do obxecto: reforzo do firme na VRG-4.2, ramal a Cambados desde a VRG-4.1 p.k. 0+000 ó 3+400; C-550 Marín-Bueu p.k. 98+700 ó 99+100; C-550 Bueu-Cangas p.k. 100+000 ó 102+500; C-550 Cangas-Rande p.k. 120+200 ó 121+700 e C-550 Sanxenxo-Pontevedra p.k. 62+900 ó 79+170.

Clave do expediente: PO/03/073.02.

Orzamento base de licitación: un millón douscentos trinta e un mil seiscentos vinte euros con trinta e seis céntimos (1.231.620,36 euros).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría f.

División por lotes e número: non hai.

c) Descrición do obxecto: reposición de pavimentos de beirarrúas. PO-331 Porriño-Gondomar p.k. 12+850 ó 14+107, Treito: Gondomar (Pontevedra).

Clave do expediente: PO/02/193.02.

Orzamento base de licitación: cento cincuenta sete mil cincocentos oitenta e dous euros con nove céntimos (157.582,09 euros).

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría e.

División por lotes e número: non hai.

d) Descrición do obxecto: restitución de beirarrúas, mellora da plataforma e renovación de servicios urbanos na estrada C-550, no núcleo urbano de Moaña.

Clave do expediente: PO/02/020.02.

Orzamento base de licitación: un millón seiscentos vintecinco mil novecentos trinta e cinco euros (1.625.935,00 euros).

Prazo de execución: 12 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 6, categoría d. Grupo E, subgrupo 1, categoría f.

División por lotes e número: non hai.

e) Descrición do obxecto: reforzo do firme con mestura asfáltica en quente sinalización e balizamento. Treitos: Liñares-Triacastela e travesía de Samos.

Clave do expediente: LU/03/061.02.

Orzamento base de licitación: un millón douscentos oitenta e un mil cincocentos vintesete euros con noventa e nove céntimos (1.281.527,99 euros).

Prazo de execución: 7 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

División por lotes e número: non hai.

f) Descrición do obxecto: rexeneración da capa de rodadura por treitos con mestura asfáltica descontinua en quente, sinalización e balizamento da LU-546 de Nadela a Monforte de Lemos, treitos: Paradela-Vilapedre/Alto de Magnesitas.

Clave do expediente: LU/03/062.02.

Orzamento base de licitación: setecentos trinta e catro mil seiscentos vinte euros con oitenta e tres céntimos (734.620,83 euros).

Prazo de execución: 4 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

División por lotes e número: non hai.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.

4. Garantías.

Provisional: non se esixe.

Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.

5. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.

b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.

d) Teléfono: 981 54 50 45.

e) Telefax: 981 54 47 91.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos de cláusulas administrativas particulares, relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono: 981 58 89 38.

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación, se é o caso: a esixida, para cada contrato, no punto 2 anterior.

7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (ver parágrafo 2.2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares).

d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses.

e) Admisión de variantes: ver parágrafo F do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.

8. Apertura das ofertas.

Terá lugar ás 11.00 horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

9. Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre nº A), segundo se especifica no punto 2.2.6 Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

10. Gastos dos anuncios.

Por conta dos adxudicatarios. O importe estimado mámimo DOG: por liña 9,56 euros.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda