Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 119 Venres, 20 de xuño de 2003 Páx. 8.149

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 16 de xuño de 2003 pola que se modifica a do 5 de marzo de 2003, pola que se convoca procedemento selectivo de acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas, quenda de prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas.

Dado que existen cinco profesores que prestan servicios como persoal laboral na especialidade de pia

no, a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

RESOLVE:

A base común 1.1. da Orde do 5 de marzo de 2003 queda redactada do seguinte xeito:

Convócanse probas selectivas para cubrir 10 prazas correspondentes ó corpo de profesores de música e artes escénicas, das especialidades de:

Piano (código 423): 5 prazas.

Guitarra (código 414): 2 prazas.

Tuba (código 429): 1 praza.

Clarinete (código 404): 1 praza.

Trompeta (código 428): 1 praza.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria