Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.079

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/52-3).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita.

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: A Batundeira, 2, 32960 Velle.

Denominación: L.M.T.S., C.T., estrada de Vigo.

Situación: Ribadavia.

Descricións técnicas: liña subterránea a 20 kV, de 615 m en conductor R.H.Z. 12/20 kV, con orixe na L.M.T. subterránea ó C.T. Muñoz Calero, e remata no C.T. de 400 kVA, R/T 20.000/380-220 V de tipo interior, nun edificio da estrada N-120 Ourense-Vigo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

Ourense, 9 de maio de 2003.

Ramón Fernández-Linares Bouza

Delegado provincial de Ourense