Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: trav. de Vigo, 204, 36207 Vigo.
Denominación: L.M.T.S., C.T.C., R.B.T. San Pedro II.
Situación: concello de Cangas.
Descricións técnicas: L.M.T.S. a 20 kV con conductor R.H.V. de 16 m de lonxitude desde un punto entre a subestación de Cangas e o C.T.C. de San Pedro rematando no punto de inicio. C.T. de 160 kVA, R.T. 20 kV-380/220 V e dúas R.B.T., con orixe na L.M.T.S. do C.T. proxectado, unha aérea de 257 m de lonxitude e outra subterránea de 75 m en San Pedro, no concello de Cangas.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.
O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.
Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.
Pontevedra, 7 de maio de 2003.
Carmen Bianchi Valcarce
Delegada provincial de Pontevedra