Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.073

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 13 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/147).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: avda de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.

Denominación: L.M.T.S., C.T.C. lugar O'Castro.

Situación: Teo.

Características técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 20 kV, dunha lonxitude de 113 m, con orixe en poste de C.T.I. Mouromorto existente (que se vai desmontar), que deriva da L.M.T.A. Viduído-Ponteespiño e final en C.T. de pé de poste proxectado, con conductor R.H.V. 12/20 kV-3x95 mm Al.

Centro de transformación cunha potencia de 250 kVA e unha relación de transformación 20/0,380-0,220 kV. Concello de Teo.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 13 de maio de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña