Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Xoves, 19 de xuño de 2003 Páx. 8.058

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se eleva a definitiva a do 7 de maio de 2003 que facía pública a lista provisional de admitidos para participar no procedemento selectivo de acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas quenda de prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas (Diario Oficial de Galicia do 20 de maio).

Transcorridos os prazos previstos na resolución do 7 de maio de 2003 pola que se fixo pública a lista provisional de admitidos e excluídos no procedemento selectivo de acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas quenda de prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas.

Na súa virtude, esta dirección xeral

DISPÓN:

Primeiro.-Elevar a definitiva a lista publicada por Resolución do 7 de maio de 2003 que facía pública a lista provisional de admitidos para participar no procedemento selectivo de acceso ó corpo de profesores de música e artes escénicas quenda de prazas afectadas polo artigo 15 da Lei de medidas (DOG do 20 de maio).

Segundo.-Os interesados poderán interpoñer recurso de alzada no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, conforme o establecido

nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal