Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 8.011

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria, sobre as modificacións, disolucións e cancelacións das sociedades agrarias de transformación (SAT) que se citan.

En cumprimento das funcións que lle están atribuídas a esta Dirección Xeral de Industrias e Promoción Agroalimentaria, e para xeral coñecemento, acórdase publica-la relación das sociedades agrarias de transformación constituídas conforme o Real decreto 1776/1981, do 3 de agosto, e a orde da Consellería de Política Agroalimentaria, do 29 de abril de 1988, inscritas no rexistro de SS.AA.TT. de Galicia, así como as modificacións, disolucións e cancelacións que se citan.

Modificación de:

A Sociedade Agraria de Transformación Pimerbón SAT nº 430 XUGA, nas asembleas xerais, celebradas o 17 de marzo de 2001, 20 de marzo de 2002 e 16 de xullo de 2002, acorda por unanimidade:

Primeiro.-Aprobar elección de nova xunta rectora integrada por José Rivera Magariños, presidente; Juan Domingo Martínez Pardo, secretario; Marcelino Raris García, Ramona Boga López, Milagros González Refojo, José Antonio Lago Martínez, Mª del Carmen Lago Rivera, Josefa Pilar Magariños Diéguez, Manuel Pérez Martínez, Delia Romero Romero, José R. Pérez Martínez e Clara Seco Baleirón, vocais.

Segundo.-Baixa de 2 socios e alta de 4 novos socios, producíndose un aumento de capital social, pasando de 1.408,62 euros, a un definitivo de 1.446,06 euros, en 77 xustificantes nominativos de 18,78 euros, cada un.

A Sociedade Agraria de Transformación Horticultores del Umia SAT nº 475 XUGA, na asemblea xeral, celebrada o 7 de marzo de 2003, acorda por maioría:

Primeiro.-Cambia-lo valor do xustificante a 260 euros.

Segundo.-Dar de alta 18 novos socios e de baixa 11 socios, quedando definitivamente establecido o

capital social en 4.680 euros en 18 xustificantes nominativos de 260 euros, cada un deles.

Terceiro.-Elección de nova xunta rectora integrada por Benito Alba Eirín, presidente; Mª José Pérez Portas, secretaria; Carmen Vieites Ribadomar, Josefa Vilas Baulo, Virtudes Cores Vieites, Rosa Martínez Vilas e Rosa Calvo Paz, vocais.

A Sociedade Agraria de Transformación Terneros Lugo SAT nº 624 XUGA, na asemblea xeral extraordinaria, do 25 de febreiro de 2003, acorda por unanimidade a elección de nova xunta rectora integrada por José Penas Sánchez, presidente; Eligio Penas Sánchez, secretario e Julio Penas Jorge, vocal-tesoureiro.

A Sociedade Agraria de Transformación Toxo SAT nº 935 XUGA, na asemblea xeral, celebrada o 13 de febreiro de 2003, acorda por unanimidade a elección de nova xunta rectora integrada por Milagros García García, presidenta; Javier Fernández García, secretario e Diego García García, vocal.

A Sociedade Agraria de Transformación Doroña SAT nº 1.094 XUGA, na asemblea xeral, celebrada o 3 de febreiro de 2003, acorda por unanimidade:

Primeiro.-Cambio do valor do xustificante a 1.930 euros, pasando o capital social a 247.040 euros.

Segundo.-Alta de dous novos socios producíndose un aumento de capital, pasando a un definitivo capital social de 370.560 euros, en 192 xustificantes de 1.930 euros.

A Sociedade Agraria de Transformación San Xulian SAT nº 1.003 XUGA, na asemblea xeral, celebrada o 9 de marzo de 2003, acorda por unanimidade a admisión dun novo socio, producíndose un aumento de capital, pasando de 382.236 euros, a un definitivo capital social de 434.342,70 euros, en 7.227 xustificantes de 60,10 euros, cada un.

A Sociedade Agraria de Transformación Regoa-Cedeira SAT nº 4.019, na asemblea xeral, celebrada o 24 de abril de 2002, acorda por unanimidade a admisión de dous novos socios e baixa de tres socios, reducíndose o capital social quedando definitivamente establecido en 2.028,39 euros, en 3 xustificantes de 676,13 euros, cada un. Así mesmo elixe nova xunta rectora integrada por María Isabel Pazos Díaz, presidenta; Alfonso García Riola, secretario e Vicente Fernández Romero, vocal-tesoreiro.

A Sociedade Agraria de Transformación Vila Alborés SAT nº 1.044 XUGA, na asemblea xeral, celebrada o 23 de xaneiro de 2003, acorda por unanimidade dar de alta a un socio, producíndose un aumento de capital social que, pasa a un definitivo capital de 298.701,97 euros, en 497 xustificantes de 601,01 euros, cada un.

A Sociedade Agraria de Transformación Embutidos Lalinenses SAT nº 884, na asemblea xeral, celebrada o 4 de febreiro de 2003, acorda por unanimidade a elección de nova xunta rectora integrada por Alfonso López López, presidente; Nilo López López, secre

tario; Eva Celia Diéguez González e Adelaida Martínez Villamayor, vocais.

A Sociedade Agraria de Transformación A Rocheira SAT nº 653 XUGA, na asemblea xeral, celebrada o 4 de abril de 2003, acorda por unanimidade a elección de nova xunta rectora integrada por Rosa Méndez López, presidenta; José Suárez Pose, secretario; Armando Rubén Méndez Vecino e Rosa López Cousillas, vocais.

Disolución de:

A Sociedade Agraria de Transformación O Tumbiadoiro SAT nº 682 XUGA, na asemblea xeral, celebrada o 23 de decembro de 2002, acorda por unanimidade aproba-la súa disolución nomeando os socios liquidadores.

A Sociedade Agraria de Transformación Carlos Silva Seijas SAT nº 698 XUGA, na asemblea xeral, celebrada o 15 de novembro de 2002, acorda por maioría dos dous socios existentes do total de tres, aproba-la súa disolución da SAT, polo falecemento de Élida Seijas López.

A Sociedade Agraria de Transformación O Ameneiral SAT nº 640 XUGA, na asemblea xeral, celebrada o 28 de outubro de 2002, acorda por unanimidade aproba-la súa disolución nomeando os socios liquidadores.

Cancelación de:

A Sociedade Agraria de Transformación O Tumbiadoiro SAT nº 682 XUGA, na asemblea xeral, celebrada o 27 de decembro de 2002, acorda por unanimidade aproba-lo informe balance final e a súa cancelación.

Santiago de Compostela, 9 de maio de 2003.

Secundino Grobas Mosquera

Director xeral de Industrias e Promoción

Agroalimentaria