Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 8.009

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 13 de xuño de 2003, da Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, pola que se convoca concurso público para a contratación dos servicios de comedor escolar (xestión indirecta) con empresas hostaleiras para o curso 2003/2004.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Coordinación Administrativa e Xestión Orzamentaria.

2. Obxecto do contrato e orzamento base de licitación.

a) Descrición do obxecto e orzamento base de licitación: prestación do servicio de comedor escolar nas condicións que se especifican nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas dos centros escolares públicos que se relacionan e polo importe que se especifica.

1. IES As Mariñas. Betanzos (A Coruña). Código 15001148. Orzamento: 13.169,20 A.

2. CEIP Celso Emilio Ferreiro. Cerceda (A Coruña). Código 15020970. Orzamento: 44.170,04 A.

3. CEIP Córneas. Baleira (Lugo). Código 27000241. Orzamento: 19.374,96 A.

4. IES Lama das Quendas. Chantada (Lugo). Código 27003151. Orzamento: 18.153,60 A.

5. CEIP Vilardíaz. A Fonsagrada (Lugo). Código 27015918. Orzamento: 24.218,70 A.

6. CEIP Eduardo Cela Vila. Triacastela (Lugo). Código 27015979. Orzamento: 41.375,85 A.

7. CPI Uxío Novoneira. Pedrafita do Cebreiro (Lugo). Código 27015967. Orzamento: 53.368,85 A.

8. CEIP Lois Tobío. Viveiro (Lugo). Código 27016674. Orzamento: 44.170,04 A.

9. IES Val do Asma. Chantada (Lugo). Código 27003175. Orzamento: 57.655,98 A.

10. IES María Sarmiento. Viveiro (Lugo). Código 27013636. Orzamento: 75.902,50 A.

11. IES Daviña Rey. Monforte de Lemos (Lugo). Código 27007247. Orzamento: 71.791,20 A.

12. IES Enrique Muruais. A Pontenova (Lugo). Código 27016297. Orzamento: 80.765,1 A.

13. IES A Pinguela. Monforte de Lemos (Lugo). Código 27015311. Orzamento: 77.738,4 A.

14. IES Becerreá. Becerreá (Lugo). Código 27016315. Orzamento: 87.455,7 A.

15. IES Fonmiñá. A Pastoriza (Lugo). Código 27016716. Orzamento: 86.747,7 A.

16. IES Basanta Silva. Vilalba (Lugo). Código 27013314. Orzamento: 77.897,8 A.

17. IES Julio Prieto Nespereira. Ourense. Código 32016455. Orzamento: 11.371,20 A.

18. IES Germán Ancochea Quevedo. A Pobra de Trives (Ourense). Código 32015876. Orzamento: 11.568,96 A.

19. IES Universidade Laboral. Ourense. Código 32009131. Orzamento: 17.304 A.

20. IES Celanova. Celanova (Ourense). Código 32016625. Orzamento: 20.352 A.

21. IES Aquis Querquernis. Bande (Ourense). Código 32016340. Orzamento: 19.793,28 A.

22. IES Manuel Chamoso Lamas. O Carballiño (Ourense). Código 32015037. Orzamento: 75.705 A.

23. IES Pintor Colmeiro. Silleda (Pontevedra). Código 3602350. Orzamento: 33.029,6 A.

b) Prazo de execución: curso escolar 2003/2004.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Garantías.

Provisional: 2% do orzamento de licitación.

Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

5. Obtención de documentación e información.

5.1. Información.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (Oficina de Información). Domicilio: edificio administrativo San Caetano s/n, 15704 Santiago de Compostela e delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Teléfono: 981 54 44 61.

c) Telefax: 981 54 54 43.

d) Internet: www.xunta.es/contratacion.

5.2. Documentación.

a) Teléfono: 981 58 54 55.

b) Enderezo: praza de Mazarelos, 14 Santiago de Compostela (A Coruña).

6. Requisitos específicos do contratista.

a) Clasificación: exenta.

b) Outros requisitos: especificados no prego de cláusulas administrativas.

7. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: ás 14.00 horas do oitavo día natural seguinte ó da publicación desta resolución neste diario; se coincide en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada na cláusula 9 do prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación: no rexistro das delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria; no rexistro xeral da mencionada consellería, sito nos edificios administrativos de San Caetano s/n, 15704 Santiago de Compostela, ou por correo consonte o disposto no artigo 79 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, que aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas, e no artigo 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, que aproba o Regulamento xeral da antedita lei.

d) Prazo durante o que o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): ata a resolución da adxudicación do concurso.

e) Admisión de variantes (concurso): non se admitirá a súa presentación.

8. Apertura das ofertas.

Entidade: delegacións provinciais da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Lugo, Ourense e Pontevedra.

Datas:

Lugo: o décimo día natural contado desde a finalización do prazo de presentación das proposicións, ás 10.00 horas.

Ourense: o décimo primeiro día natural contado desde a finalización do prazo de presentación das proposicións, ás 10.00 horas.

Pontevedra: o décimo segundo día natural contado desde a finalización do prazo de presentación das proposicións, ás 10.00 horas.

A Coruña: o décimo terceiro día natural contado desde a finalización do prazo de presentación das proposicións, ás 10.00 horas.

Cando coincida en día inhábil, trasladarase ó seguinte día hábil.

9. Gastos de anuncios: a pro rata por conta dos adxudicatarios.

Santiago de Compostela, 13 de xuño de 2003.

Néstor Valcárcel Teijeiro

Secretario xeral da Consellería de Educación

e Ordenación Universitaria