Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 8.007

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 27 de maio de 2003, do Servicio Provincial de Estradas de Ourense, pola que se sinala a data para o levantamento das actas previas á ocupación, trámite de urxencia, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de trazado do acondicionamento de vía de servicio en Cea (OU-204)-San Cristovo de Cea. (Clave RC-OU-02.42).

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autonóma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras indicadas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B, construcción, conservación e explotación de estradas.

Con data do 25 de setembro de 2002, procédese á aprobación do proxecto de trazado acondicionamento de vía de servicio en Cea (OU-204)-San Cristovo de Cea (clave RC-OU-02.42) polo delegado provincial de Ourense por delegación do conselleiro de Política Territorial Obras Públicas e Vivenda.

Con data do 22 de novembro de 2002 a Xunta de Galicia, procedeu á declaración de utilidade pública e urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para a mencionada obra por Decreto 338/2002, publicado no DOG nº 237 do 10 de decembro.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 e seguintes do regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolveu convoca-los titulares de bens e dereitos afectados, que figuran na relación exposta no Concello de San Cristovo de Cea, para que comparezan no lugar, data e hora que se citan para proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados, o seu valor, e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se o consideran necesario.

Casa Consistorial do Concello de San Cristovo de Cea.

Data: 9 de xullo de 2003.

Horario: de 10.00 horas a 13.00 horas.

Do predio nº 1 ó predio nº 8.

A relación de titulares cos bens e dereitos afectados, así como os planos parcelarios correspondentes estarán expostos no Concello de San Cristovo de Cea e no Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia (r/ Sáenz Díez n º 1-1º) 32071 Ourense.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados pola persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, ache

gando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade, e último recibo da contribución, podendo acompañarse pola súa conta, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e no cumprimento do establecido no artigo 56 do regulamento da Lei de expropiación forzosa ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, co fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante este Servicio Provincial de Estradas da Xunta de Galicia en Ourense, as alegacións que estimen pertinentes co obxeto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 27 de maio de 2003.

José Manuel González Sánchez

Enseñeiro xefe