Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 8.005

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 9 de xuño de 2003, da Delegación Territorial da Coruña, polo que se citan os interesados que se relacionan para compareceren ó outorgamento de escritura pública de venda.

Consonte o disposto no art. 151 do Real decreto 1684/1990, polo que se aproba o Regulamento xeral

de recadación, e en relación cos procedementos recadatorios instruídos por esta Administración, que concluíron co alleamento de bens inmobles propiedade dos interesados que se relacionan, cítanse estes para compareceren o vindeiro día 25 de xuño de 2003 ás 10.00 h, ante o notario Antonio Ramallal Núñez, na avda. da Mariña 32, 2º esq. da cidade da Coruña, coa documentación acreditativa da súa personalidade, co obxecto de outorgar escritura de venda a favor dos adquirentes.

1. Interesado: Armando Rivas Calvo e José Benito Díaz Paz (Graiñas, S.L.) CIF: B-15569734.

Rúa Gómez Ulla, nº 8, 4º

15702 Santiago de Compostela (A Coruña).

Ben alleado: vivenda situada na rúa Viorneira, portal 3, 3º andar, porta U, no Milladoiro, municipio de Ames, cunha superficie construída de 74 m, ten como anexos un garaxe e un rocho. Predio inscrito no rexistro da Propiedade de Negreira co nº 27.602, tomo 1003, libro 322, folio 1 (inscrición 1).

Así mesmo, deberán presentarse coa documentación acreditativa da súa representación e os títulos de propiedade correspondentes ó ben que se describe, e expresamente advírteselles que no caso de non compareceren á citación, outorgaranse de oficio as escrituras, no seu nome e a favor dos adxudicatarios.

A Coruña, 9 de xuño de 2003.

José Luis Veiga Castiblánquez

Delegado territorial da Coruña

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA