Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 117 Mércores, 18 de xuño de 2003 Páx. 7.966

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 11 de xuño de 2003 pola que se dispón o cesamento de vocal en representación da Administración xeral do Estado no Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña.

A Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, atribúelles ás comunidades autónomas a facultade de designación e separación dos vocais dos consellos de administración das autoridades portuarias de interese xeral do Estado sitas no seu territorio.

O acordo do Consello da Xunta de Galicia do 10 de xaneiro de 2002, modificado polo do 6 de xuño de 2002, faculta o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda para este cesamento.

Conforme o previsto no artigo 40 da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, a designación dos vocais do consello de administración deberá facerse necesariamente por proposta das administracións públicas e entidades ou organismos representados no consello de administración, polo que, vista a proposta da Administración xeral do Estado, e en canto órgano competente,

DISPOÑO:

O cesamento de José Mª Megía Mansilla, por xubilación, como vocal do Consello de Administración da Autoridade Portuaria da Coruña, en representación da Administración xeral do Estado, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 11 de xuño de 2003.

Alberto Núñez Feijoo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas

e Vivenda

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA