Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: recuamento parque Eirís da L.M.T.S. (D.C.) (EIR-718 EIR-716).
Situación: A Coruña.
Descricións técnicas: liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, de lonxitude 935 m, orixe na subestación de Eirís e final en C.S. Renault (proxectado), conductor tipo R.H.V. 15/20 kV-3x240 mm.
Liña eléctrica de media tensión subterránea a 15 kV, de lonxitude 930 m, orixe na subestación de Eirís e final no tramo da L.M.T.S. EIR-718 (Casabranca-Os Castros), conductor tipo R.H.V. 15/20 kV-3x240 mm.
Centro de seccionamento de manobra exterior, con localización na parcela parque Eirís/Casabranca (tralo concesionario Renault). Concello da Coruña.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.
A Coruña, 8 de maio de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña