Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Martes, 17 de xuño de 2003 Páx. 7.929

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 26 de maio de 2003 pola que se anuncia concurso público, polo procedemento aberto, para a contratación dos servicios de desenvolvemento da web do Museo Pedagóxico de Galicia (Mupega).

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia.

a) Organismo: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral.

c) Número de expediente: SX 11/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: desenvolvemento dunha aplicación web interactiva que permita a navegación virtual polas diferentes salas do Museo Pedagóxico de Galicia.

b) Lugar de execución: nos locais propostos polo contratista, logo de aceptación polo órgano de contratación, que verificará a súa idoneidade para o óptimo desenvolvemento do proxecto.

d) Prazo de execución: tres (3) meses, ou o inferior ofertado.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 90.000 A, IVE incluído.

5. Garantías.

a) Provisional: 1.800 A.

b) Definitiva: 4% do importe de adxudicación.

6. Obtención de información e documentación.

1. Información:

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano s/n.

c) Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Teléfono: 981 54 44 91.

e) Telefax: 981 54 54 43.

2. Documentación:

a) Enderezo: Copy Estudio, Rúa Nova de Abaixo, 19-20, Santiago de Compostela (A Coruña).

b) Teléfono: 981 59 33 85.

c) Así mesmo, poderanse obte-los pregos relativos á contratación no seguinte enderezo da Internet.

http://www.xunta.es/contratacion/resultado.asp?N=2585.

3. Data límite de obtención de documentación e información: coincide coa data límite de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: especificados no prego de cláusulas administrativas.

8. Presentación de ofertas.

a) Data límite de presentación: o prazo de presentación rematará ás 14 horas do décimo quinto día natural seguinte ó da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia. De coincidir en domingo ou festivo, o prazo entenderase prorrogado ata as 14 horas do seguinte día hábil.

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas.

c) Lugar de presentación:

1. Entidade: no rexistro xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou por correo, dentro do prazo de admisión, nos termos establecidos no artigo 80.4º do regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

2. Domicilio: edificio administrativo San Caetano s/n.

3. Localidade e código postal: Santiago de Compostela, 15704.

d) Admisión de variantes: non se admitirá a presentación de variantes ou alternativas.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria (sala de xuntas, planta 1ª).

b) Domicilio: edificio administrativo San Caetano s/n.

c) Localidade: Santiago de Compostela, 15704.

d) Data: o sexto día natural seguinte ó do remate do prazo da presentación de ofertas. De coincidir en sábado ou festivo, terá lugar o inmediato día hábil seguinte.

e) Hora: 10.45 horas.

10. Gastos dos anuncios: serán por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de maio de 2003.

P.D. (Orde 22-5-2003)

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal