Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.855

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE MONDOÑEDO

ANUNCIO.

Polo Pleno do Concello, en sesión ordinaria realizada o día 15 de maio de 2003, acordouse iniciar expediente de contratación da obra denominada reforma e ampliación do Pavillón Polideportivo Municipal, 1ª fase, de Mondoñedo, pola contía de 535.513,05 euros (IVE incluído).

Presentación de proposicións: Secretaría do Concello (praza do Concello nº 1) de 9.00 a 14.00 horas, durante o prazo de 26 días naturais contados desde a publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

Clasificación do contratista: grupo C, subgrupos 2, 4, 6, categoría D.

Apertura de proposicións: na casa do concello ás 13.00 horas do quinto día hábil seguinte ó de remate

de presentación de proposicións. No caso de ser sábado realizarase o luns posterior.

Exposición do expediente: o prego de cláusulas administrativas e o resto da documentación do expediente poderase examinar na secretaría do concello en horas de oficina.

Mondoñedo, 19 de maio de 2003.

Luis Rego Valcarce

Alcalde