1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
b) Dependencia que tramita o expediente: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.
2. Obxecto de cada contrato.
a) Descrición do obxecto: acondicionamento da estrada AC-401. Treito: Cerceda-A Silva, convenio entre o Instituto para a Reestructuración da Minería do Carbón e Desenvolvemento Alternativo das Comarcas Mineiras e a Consellería de Industria e Comercio do 18-12-2001.
Clave do expediente: AC/98/118.01.
Orzamento base de licitación: tres millóns catrocentos doce mil catrocentos oitenta e un euros con corenta e sete céntimos (3.412.481,47 euros).
Prazo de execución: 20 meses.
Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.
Grupo E, subgrupo 1, categoría e.
División por lotes e número: non hai.
b) Descrición do obxecto: acondicionamento da estrada OU-404 de Celanova a Barral. Treito: Ponte da Ella-límite norte termo municipal de Cartelle.
Clave do expediente: OU/00/037.01.
Orzamento base de licitación: catro millóns cento noventa e seis mil trescentos corenta e seis euros con sesenta e oito céntimos (4.196.346,68 euros).
Prazo de execución: 30 meses.
Clasificación: grupo A, subgrupo 2, categoría e.
Grupo G, subgrupo 4, categoría e.
División por lotes e número: non hai.
3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación: urxente, aberto e concurso.
4. Garantías.
Provisional: non se esixe.
Definitiva: 4% do orzamento base de licitación.
5. Obtención de documentación e información.
a) Entidade: Dirección Xeral de Obras Públicas. Subdirección Xeral de Estradas.
b) Domicilio: edificios administrativos de San Caetano, s/n.
c) Localidade e código postal: 15781 Santiago de Compostela.
d) Teléfono: 981 54 49 86.
e) Telefax: 981 54 47 91.
Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos de cláusulas administrativas particulares, relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet: http://www.xunta.es/contratación/.
E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono: 981 58 89 38.
6. Requisitos específicos do contratista.
a) Clasificación, se é o caso: a esixida, para cada contrato, no punto 2 anterior.
7. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.
a) Data límite de presentación: o prazo de admisión das proposicións rematará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
b) Documentación que hai que presentar: ver prego de cláusulas administrativas particulares.
c) Lugar de presentación: rexistro xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda ou envialas por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no artigo 80.4º do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas, (ver parágrafo 2.2.4 do prego de cláusulas administrativas particulares).
d) Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta (concurso): tres (3) meses.
e) Admisión de variantes: ver parágrafo F, do cadro de características do prego de cláusulas administrativas particulares.
8. Apertura das ofertas: terá lugar ás 11.00 horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.
9. Outras informacións: a mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6. Constitución e funcionamento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.
10. Gastos dos anuncios: por conta dos adxudicatarios: o importe estimado máximo DOG: por liña 9,56 euros.
Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2003.
P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)
José Antonio Fernández Vázquez
Secretario xeral da Consellería de Política
Territorial, Obras Públicas e Vivenda