Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.824

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EMIGRACIÓN

CORRECCIÓN de erros.-Orde do 26 de maio de 2003 pola que se anuncia a convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, de dous postos de traballo vacantes na Consellería de Emigración.

Advertido erro na citada orde, publicada no Diario Oficial de Galicia nº 111, do 10 de xuño de 2003, cómpre realiza-la seguinte corrección:

No anexo I, debe eliminarse a convocatoria do posto de xefe do Servicio de Xestión Orzamentaria e Réxime Interior.

No anexo I, no posto de «xefe de Servicio de Rexistro de Comunidades Galegas e Tramitación de Axudas», debe engadirse no punto de «Formación Específica», a continuación do código «640 (para persoal doutra administración, curso de perfeccionamento de galego)», as siglas «R.I.».