Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.823

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 2003, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se fai pública a distribución entre os distintos tribunais dos aspirantes definitivamente admitidos ós procedementos selectivos de ingreso e acceso ó corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas convocados por Orde do 28 de febreiro de 2003.

Aprobada por Resolución do 6 de xuño de 2003 a lista definitiva de admitidos e excluídos ós procedementos selectivos para ingreso e acceso ós corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas, profesores de música e artes escénicas e profesores técnicos de formación profesional e procedemento de adquisición de novas especialidades por funcionarios do corpo de profesores de ensino secundario e nomeado máis dun tribunal nalgunhas especialidades dos corpos de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas procede determina-los aspirantes que corresponde xulgar a cada tribunal.

Na súa virtude, esta dirección xeral

RESOLVE:

Asignarlles ós tribunais que xulgarán os procedementos selectivos para ingreso e acceso no corpo de profesores de ensino secundario, profesores de escolas oficiais de idiomas e profesores de música e artes escénicas e procedemento de adquisición de novas especialidades os seguintes aspirantes:

1. Corpo de profesores de ensino secundario.

* Especialidade: lingua castelá e literatura.

Tribunal nº 1. Tódolos de adquisición doutra especialidade e tódolos de reserva do grupo B; libres desde Abeledo Penas, María Ángeles, ata Ferro Iñiguez, Cristina, ámbalas dúas incluídas.

Tribunal nº 2. Desde Fidalgo González, Ana María, ata Murias García, Ignacio, ámbolos dous incluídos.

Tribunal nº 3. Desde Muñoz Martínez, Paula María ata Zea Álvarez, Francisco, ámbolos dous incluídos.

* Especialidade: física e química.

Tribunal nº 1. Tódolos de adquisición de nova especialidade, tódolos de reserva do grupo B e quenda de discapacitados; libres desde Adrio Castiñeira, Luis Ángel, ata López Fernández, Carolina, ámbolos dous incluídos.

Tribunal nº 2. Desde López Fernández, Ramón, ata Vilasánchez Carpente, María Cristina ámbolos dous incluídos.

* Especialidade: música.

Tribunal nº 1. Tódolos de reserva do grupo B e quenda de discapacitados; libres desde Abal Pulleiro, Iván, ata Fernández Vázquez, Astrid Julia, ámbolos dous incluídos.

Tribunal nº 2. Desde Fernández Villanueva, María Dolores, ata Pereira Figueroa, José, ámbolos dous incluídos.

Tribunal nº 3. Desde Pérez Cortés, Mónica, ata Vuelta Díaz, Yolanda, ámbalas dúas incluídas.

* Especialidade: tecnoloxía.

Tribunal nº 1. Tódolos de adquisición de nova especialidade, reserva do grupo B e quenda de discapacitados; libres desde Abreu Fernández, José Marcial, ata Ferran Anegón, Fernando, ámbolos dous incluídos.

Tribunal nº 2. Desde Ferreira Lence, Mª Elena ata Pampín Pampín, María Eugenia, ámbalas dúas incluídas.

Tribunal nº 3. Desde Pampín Parrado, Sagrario Caridad ata Yusti Campo, Eva, ámbalas dúas incluídas.

* Especialidade: informática.

Tribunal nº 1. Tódolos de adquisición de nova especialidade, reserva do grupo B e quenda de discapacitados; libres desde Abelleira Seco, Pedro, ata López Fernández, Susana, ámbolos dous incluídos.

Tribunal nº 2. Desde López Pazos, Leonardo ata Viso López, Freddy, ámbolos dous incluídos.

2. Corpo de profesores de escolas oficiais de idiomas:

* Especialidade: inglés.

Tribunal nº 1. Tódolos de acceso a corpos do mesmo grupo e nivel de complemento de destino.

Tribunal nº 2. Tódolos da quenda de discapacitados. Libres desde Abel Vázquez, Blanca, ata García Giráldez, Ana Belén, ámbalas dúas incluídas.

Tribunal nº 3. Desde García González, Mª Lucía, ata Pereira Bernardez, Sergio, ámbolos dous incluídos.

Tribunal nº 4. Desde Pereira Iglesias, Manuel, ata Yepes Rodríguez, Elba, ámbolos dous incluídos.

3. Corpo de profesores de música e artes escénicas.

* Especialidade: piano.

Tribunal nº 1. Tódolos de adquisición de nova especialidade e quenda de discapacitados; libres desde Abelairas Lemos, Lucía, ata Hernández Carrión, Raquel, Iria, ámbalas dúas incluídas.

Tribunal nº 2. Desde Hevia Gómez, Iria, ata Zacarés Costa, Daniel, ámbolos dous incluídos.

Santiago de Compostela, 9 de xuño de 2003.

Severino Somoza Gómez

Director xeral de Persoal