Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.820

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, convocado pola orde da Consellería da Presidencia, Relacións Institucionais e Administración Pública do 20 de decembro de 2002, pola que se ordena a publicación do acordo adoptado na sesión celebrada o día 11 de xuño de 2003, relativo á anulación de preguntas e modificación de respostas do cuestionario correspondente ó primeiro exercicio, tipo test.

Na súa sesión do día 11 de xuño de 2003 o tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o ingreso no corpo administrativo da Xunta de Galicia (grupo C), escala técnica auxiliar de informática, convocado por Orde de 20 de decembro de 2002, adoptou os seguintes acordos:

Primeiro.-Declarar nulas e ter como non postas as preguntas nº 18, 27, 33 e 36 do cuestionario correspondente ó primeiro exercicio, tipo test da fase de oposición nas quendas de acceso libre e promoción interna.

Segunto.-Modifica-las respostas dadas en principio como correctas das preguntas nº 1 e 24 do cuestionario correspondente ó primeiro exercicio, tipo test da fase de oposición nas quendas de acceso libre e promoción interna que quedan establecidas nas seguintes: 1d) e 24d).

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2003.

Manuela Rego Romero

Secretaria do tribunal

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS

E VIVENDA