Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 115 Luns, 16 de xuño de 2003 Páx. 7.767

II. AUTORIDADES E PERSOAL

CESAMENTOS:

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

ORDE do 12 de xuño de 2003 pola que se dispón o cesamento do presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra.

O artigo 41 da Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, texto reformado pola Lei 62/1997, do 26 de decembro, establece que o presidente da autoridade portuaria será designado e separado polo órgano competente da Comunidade Autónoma.

Para dar cumprimento ó disposto na Lei 27/1992, do 24 de novembro, de portos do Estado e da mariña mercante, o Consello da Xunta de Galicia acordou o 10 de xaneiro de 2002 faculta-lo conselleiro competente en materia de pesca para a designación e separación do presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra. En consecuencia,

DISPOÑO:

Artigo único.-O cesamento de Tomás Iribarren Fernández-Rogina como presidente da Autoridade Portuaria de Marín e Ría de Pontevedra, por petición propia, agradecéndolle os servicios prestados.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2003.

Enrique César López Veiga

Conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos