Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 114 Venres, 13 de xuño de 2003 Páx. 7.745

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas, pola que se autorizan as instalacións electromecánicas, se aproba o proxecto de execución, se recoñece a condición de instalación acollida ó réxime especial e se declara de utilidade pública, en concreto, as instalacións do proxecto modificado do parque eólico denominado Farelo, situado nos concellos de Antas de Ulla (Lugo), Agolada e Rodeiro (Pontevedra), promovido pola empresa Grupo Elecnor, S.A. (Expediente 06/00 DXIEM-EOL).

Examinado o expediente instruído por pedimento do Grupo Elecnor, S.A., con enderezo para efectos de notificacións na praza Manuel Gómez Moreno s/n, edificio Bronce, planta 6ª, 28020, Madrid, sobre autorización administrativa, aprobación do proxecto de execución, recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica e declaración de utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto modificado do parque eólico denominado Farelo; resultan os seguintes

Antecedentes de feito:

Primeiro.-Por Resolución do 6 setembro de 2002, publicada no DOG do 1 de outubro e nos BOP de Lugo e Pontevedra do 24 de setembro e do 2 de outubro, respectivamente, a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas autorizou as instalacións electromecánicas do parque eólico denominado Farelo.

Segundo.-O 19 de xuño de 2002, Guillermo Planas Roca, no nome e representación do Grupo Elecnor, S.A., solicitou a autorización administrativa, a aprobación do proxecto de execución, o recoñecemento da condición de instalación acollida ó réxime especial de producción eléctrica e a declaración da utilidade pública, en concreto, das instalacións do proxecto modificado do parque eólico denominado Farelo, de 28,8 MW, achegando a documentación establecida para o efecto polo Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; o Decreto 302/2001, do 25 de outubro, polo que se regula o aproveitamento da enerxía eólica na Comunidade Autónoma de Galicia, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, sobre producción de enerxía eléctrica por instalacións abastecidas por recursos ou fontes de enerxía renovables, residuos e coxeración.

O proxecto modificado do parque eólico Farelo someteuse a información pública para os efectos previstos no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e o Decreto 302/2001, do 25 de outubro, xa mencionados, mediante resolución da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas do 6 de setembro de 2002, publicada no BOP de Lugo do 27 de setembro, no BOP de Pontevedra do 8 de outubro, no xornal El Progreso do 24 de setembro, e no xornal

El Faro de Vigo do 24 de setembro, no DOG do 30 de setembro e nos taboleiros de anuncios dos concellos de Antas de Ulla (Lugo), Agolada e Rodeiro (Pontevedra).

Durante o período de información pública, Guillermo Otero López, José Armas Castro, Armando Val, Gonzalo Varela Méndez, Jesús Cenla Mouriño, José Vilameá Curiel, Cruz López Vence, Paz Vence Guerra, Gloria López Vence, José López Frade, Ana López Vence, María Hermida Lorenzo, Gerardo Méndez Diéguez, María Luisa Diéguez, Emilio González Quintá, Mónica Diéguez Hermida, María Cruz Buján García, María Diéguez Hermida, Carlos Leiva Soutiño, Manuel Faílde Calviño, Veneranda Lorenzo Fernández, María Iglesias López, José Manuel Vilameá Iglesias, a CC.MM. de Trabancas, Fernando Blanco Seco, Alfredo Armas Calvo, María Fidelina Armas Guerra, Javier Vázquez Amor, María Luz Casares Vilar, Victoriano López García, Antolín Calvo Iglesias, Adolfo Vázquez Casares, José Sarandeses Fernández, Adolfo Fraga Vázquez, José Fraga Vázquez, Gloria Sarandeses Fernández, Adela García Fraga, Ernesto Liñares García, Laureano Blanco Guerreiro, Orlando González López, Ruperto Varela Casares, José Mouriño Fernández,

Victoriano García Diéguez, Modesto Cao García, Antonio Fraga García, Ramón Vidal Gay, Juan Buján Costa, Manuel Casares Varela, a CC.MM. de Cristimil, Divina Vázquez Vilameá, María Josefa Vilameá Sánchez, Gumersindo A. García López, Luis García López, Eulogio García López, Ildefonso Vázquez Diéguez, Olga Diéguez Vázquez, Eladio Vilameá Sánchez, Roberto Vázquez Lorenzo, Carmen Soengas Penerbosa, Luis Quintá Diéguez, Ana María García Bardelás, Manuel Hermida, Mar López, Veneranda Faílde, Jesús Sánchez Lamas, María Cruz Sánchez Costa, Esther Costa, José González Fernández, María Rosa Varela González, María José González Varela, Ana Varela Novoa, Antonio Lorenzo Calviño, Manuel Sánchez Lamas, David Sánchez Ferreiro, Emilio Fernández e Isaura Fernández, mediante os respectivos escritos remitidos, todos eles o 30 de outubro de 2002, á Delegación Provincial da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra, opóñense á autorización que nos ocupa baseándose na imposibilidade

legal de adopta-la devandita autorización ó supo-lo descoñecemento da eficacia da resolución citada por esta dirección xeral o 14 de febreiro de 2002, para o que dita os artigos 54, 57, 62, 63, 94, 102, 105 e 106 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Por outra parte, os anteriores alegantes manifestan que o proxecto modificado do parque eólico de Farelo ten que pasar pola necesaria aprobación da declaración de impacto ambiental que dictará a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, xa que a actual declaración de impacto ambiental, dictada o 17 de abril de 2002, non é extrapolable ó actual proxecto modificado debido ós cambios existentes.

Terceiro.-O promotor chegou a acordos amigables cos seguintes propietarios dos terreos nos que se vai construír este parque eólico e que están incluídos na relación de bens e dereitos afectados deste expediente de utilidade pública:

* Comunidade de veciños Monte Farelo, representada por Alfonso Cid Diéguez e propietaria dos montes veciñais en man común de Farelo e Pico do Alto.

* Comunidade de montes veciñais en man común de Trascastro, Val e Aián, propietaria do monte veciñal en Man Común de Farelo e Costa da Pena.

* Francisco Pardo Fafián, propietario de diferentes predios no lugar coñecido como Lomba.

Cuarto.-O 13 de novembro de 2002 e o 20 de xaneiro de 2003, as delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Pontevedra e Lugo emitiron informe favorable sobre o devandito proxecto, coas seguintes características básicas:

Localización: concellos de Antas de Ulla (Lugo), Agolada e Rodeiro (Pontevedra).

Localización (coordenadas poligonais en unidades UTM):

XY

585.0004.737.000

592.0004.732.000

590.0004.730.000

585.0004.730.000

584.0004.734.000

583.1874.736.033

Características técnicas do parque eólico:

-Nº de aeroxeradores: 18.

-Potencia nominal unitaria: 1.600 kW.

-Potencia total instalada: 28,8 MW.

-Tipo de aeroxerador: Ecotecnia 1.600.

-Producción neta anual estimada: 79,43 GWh.

-Orzamento total: 22.664.631,99 euros.

Características técnicas da infraestructura eléctrica de xeración, transformación e interconexión:

-18 centros de transformación (situados no interior de cada aeroxerador) de 2.000 kVA de potencia e conexión Dyn 11, 0,4/0,69/30 kV e a súa correspondente paramenta de seccionamento, manobra e protección.

-Cada aeroxerador está equipado cun autotransformador 690/220 V para servicios auxiliares (iluminación de torre e tomas de corrente para mantemento).

-Rede colectora subterránea, que percorre o conxunto dos aeroxeradores, interconectándoos coas

celas de 30 kV da subestación 30/132 kV que recolle a enerxía do parque.

-Tanto a subestación transformadora de 30/132 kV, para a evacuación da enerxía, como a liña para a conexión á rede eléctrica, serán as mesmas que se utilizarán para a evacuación da enerxía dos parques de Monte Cabeza, Penas Grandes e Chantada, e serán obxecto de proxecto independente.

Quinto.-Durante a tramitación da declaración de utilidade pública do parque eólico de Farelo, solicitada pola sociedade Grupo Elecnor, S.A., detectouse a posible interferencia das actuacións pretendidas neste proxecto coas previstas para outros dereitos mineiros solicitados e/ou existentes na zona, polo que esta dirección xeral abriu o 17 de setembro de 2002 un trámite de audiencia coas partes interesadas, para así proceder a determina-la compatibilidade ou incompatibilidade dos aproveitamentos públicos en xogo.

Vanse resumir neste epígrafe os proxectos e alegacións de cada unha das sociedades implicadas:

-Grupo Elecnor, S.A.:

As características técnicas do proxecto son as anteriormente establecidas no punto terceiro, e a argumentación do promotor eólico, no actual trámite de prevalencia, é a seguinte:

En primeiro lugar considera que os labores mineiros que puideran derivarse dun futuro permiso de explotación e a actividade eólica poden ser considerados compatibles co parque eólico sempre que se cumpran unha serie de condicionantes referidos ós futuros labores de explotación:

Situarse a máis de 175 m en liña recta de cada un dos aeroxeradores proxectados e instalados no parque eólico.

Respectar un espacio de 5 m a cada lado das conduccións eléctricas subterráneas e dos camiños de servicio do parque eólico.

Manter en bo estado os camiños e as pistas de uso común.

As voaduras, no caso de ser necesarias, cumprirán as prescricións establecidas na ITC 10.3.01.

A empresa que realice as voaduras deberá estar en posesión dunha póliza de seguro de responsabilidade civil con cobertura de alomenos 300.000 euros.

Aplicaranse as medidas de prevención técnica para a loita contra o po, establecidas na ITC 07.1.04.

En calquera servicio da explotación (naves, restauración forestal, aprovisionamento de material, entullos, etc.) que se leve a cabo dentro da distancia establecida na letra a), deberase respecta-la restricción de 10 metros en altura que se describe nas servidumes de bens afectados polo parque eólico.

De non estimarse a compatibilidade entre ámbalas actuacións, solicita que se declare prevalente o parque eólico.

-Maceiras Filloy, S.L.:

Titular da solicitude de permiso de investigación Cristina nº 5990, e da solicitude de concesión de explotación Monse nº 2797.

* Permiso de investigación Cristina nº 5990.

Solicitado o 7 de abril de 1999, sobre 35 cuadrículas mineiras. O recurso obxecto da investigación é granito ornamental.

* Solicitude de concesión de explotación Monse nº 2797.

Características do proxecto:

Pretende explotarse un xacigo de granito silvestre co fin de obter bloques de granito ornamental e subproductos.

A solicitude afecta a unha superficie de 16 cuadrículas mineiras.

As reservas explotables definidas son de 1.279.846 m.

Prevense dous ocos de explotación e dúas entulleiras.

Prevese un ritmo de explotación de 21.800 m anuais.

Alegacións:

Pódense resumir nos seguintes aspectos:

Manifesta a súa oposición á implantación do parque na súa actual configuración por lesiona-la posibilidade de explotación dos dereitos mineiros da súa titularidade, cos conseguintes prexuízos económicos que isto lle ocasionaría.

-Matías González Rodríguez:

Titular do permiso de investigación García nº 2903.

* Permiso de investigación García nº 2903.

Outorgado o 23 de maio de 2002, sobre unha superficie de 16 cuadrículas mineiras, para recursos de granito ornamental.

Alegacións:

Pódense resumir nos seguintes aspectos:

Considera que as actuacións mineiras e eólicas son incompatibles, e solicita que se declare, polo elevado valor potencial do recurso xeolóxico en cuestión e a súa importancia na balanza comercial, a prevalencia do permiso de investigación García nº 2903 sobre o parque eólico Farelo.

Sexto.-O 18 de decembro de 2001, a Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental resolveu aproba-la declaración de impacto ambiental do devandito parque eólico, modificada pola Resolución do 27 de agosto de 2002 e pola Resolución do 14 de xaneiro de 2003.

Fundamentos de dereito:

Primeiro.-A Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas é competente para resolver este expediente con fundamento no Estatuto de autonomía de Galicia; Real decreto 2563/1982, do 24 de xullo; o Decreto 132/1982, do 4 de novembro, o Decreto 8/2003, do 18 de xaneiro, polo que se modifica a estructura orgánica da Xunta de Galicia, e o Decreto 223/2003, do 11 de abril, polo que se establece a estructura

orgánica da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, en relación co Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica; Decreto 302/2001, do 25 de outubro, e o Real decreto 2818/1998, do 23 de decembro, xa citados.

Segundo.-Á vista das alegacións presentadas, da contestación dada a elas por parte da empresa promotora e do resto da documentación existente no expediente, queda de manifesto que:

1. Segundo o exposto nos antecedentes de feito desta resolución, o proxecto conta coa preceptiva declaración de impacto ambiental feita pola Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental.

2. A autorización do proxecto modificado que nos ocupa realízase en virtude do establecido no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, xa dito.

Terceiro.-En canto á compatibilidade do parque eólico cos diferentes dereitos mineiros afectados, imos examinar por separado, tendo en conta a documentación existente no expediente, a súa posible compatibilidade con cada un dos dereitos existentes.

1. Solicitude de permiso de investigación Cristina nº 5990.

Na superficie comprendida por esta solicitude encóntranse os aeroxeradores 11, 12 e 13, segundo denominación do proxecto modificado do parque eólico. Non existe interferencia cos labores de investigación proxectados, polo que ámbalas actuacións son compatibles.

2. Solicitude de concesión de explotación Monse nº 2797.

Dentro da superficie deste dereito mineiro encóntranse os aeroxeradores números 14, 15, 16, 17 e 18, ademais da súa infraestructura asociada. O 15, 16 e 17 encóntranse sobre a zona de explotación denominada ABCD, e o 18 a 60 metros desta zona, polo que a instalación destes catro aeroxeradores é incompatible cos labores de explotación previstos na zona ABCD, considerándose prevalente a actuación eólica pola superior importancia económica do investimento previsto, pois esta supón 5.036.584,88 euros (xa que son catro os aeroxeradores afectados, sendo o investimento previsto por aeroxerador de 1.259.146,22 euros), mentres que o investimento previsto na solicitude de concesión é de 862.500 euros, unha cantidade que ademais de corresponder ó global da concesión e non unicamente á zona de explotación afectada, é claramente inferior.

No que respecta ó aeroxerador número 14, este non interfire co proxecto mineiro, polo que nesta zona son compatibles os labores mineiros e a infraestructura eólica.

3. Permiso de investigación García nº 2903.

O permiso de investigación, na superficie para a que foi prorrogado, afecta os aeroxeradores, segundo designación de proxecto, 1 e 2, ademais da súa infraestructura asociada. Nesta zona os labores pre

vistos son incompatibles, considerándose prevalente a actuación eólica pola superior importancia económica do investimento previsto, pois esta supón 2.518.292,94 euros (xa que son dous os aeroxeradores afectados, sendo o investimento previsto por aeroxerador de 1.259.146,22 euros), mentres que o investimento previsto no permiso de investigación é de 96.035 euros, unha cantidade moi inferior.

Cuarto.-No expediente instruído para o efecto cumpríronse os trámites procedementais sinalados no Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, e no Decreto 302/2001, do 25 de outubro. Así mesmo, a instalación e o seu proxecto de execución reúnen tódolos requisitos técnicos esixibles.

Esta dirección xeral, de acordo co que antecede e no exercicio das competencias que ten atribuídas,

RESOLVE:

-Autorizarlle ó Grupo Elecnor, S.A. a instalación dos equipos electromecánicos do proxecto modificado do parque eólico de Farelo, cunha potencia total instalada de 28,8 MW.

-Aproba-lo proxecto de execución da devandita instalación.

-Recoñecerlle a esa instalación a condición de instalación acollida ó réxime especial do Real decreto 2818/1998, e incluíla no grupo B.2 do artigo 2 do devandito real decreto.

-Declarar de utilidade pública, en concreto, as instalacións do proxecto modificado do parque eólico de Farelo, nos termos municipais de Antas de Ulla (Lugo), Agolada e Rodeiro (Pontevedra).

-Declara-la prevalencia do parque eólico Farelo sobre a solicitude de concesión de explotación Monse 2797, na zona comprendida entre os aeroxeradores 15, 16, 17 e 18 (considerando incluída na zona afectada toda a infraestructura eólica asociada a eles cunha marxe de protección de cento setenta e cinco metros a cada lado dela), e co permiso de investigación García nº 2903, na zona comprendida entre os aeroxeradores 1 e 2 (considerando á vez incluída na zona afectada toda a infraestructura eólica asociada a eles cunha marxe de protección de cento setenta e cinco metros a cada lado dela). Ademais, procede declara-la compatibilidade co resto das actuacións mineiras previstas na solicitude de concesión de explotación Monse nº 2797 (zona de explotación denominada ABCD) e cos labores previstos na solicitude de permiso de investigación Cristina nº 5990.

Todo iso de acordo coas condicións seguintes:

Primeira.-O Grupo Elecnor, S.A., para os efectos de garanti-lo cumprimento das súas obrigas, deberá constituír, no prazo dun mes contado desde o outorgamento desta autorización, unha fianza de 453.292,64 euros, importe do 2% do orzamento que figura no expediente, para garanti-lo cumprimento da súas obrigas, conforme o disposto no artigo 19 do devandito Decreto 302/2001, do 25 de outubro.

A devandita fianza constituirase na Caixa Xeral de Depósitos da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, en calquera das formas sinaladas no artigo 1.1º, punto 39 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, e será devolta unha vez que se formalice a acta de posta en marcha das instalacións.

Segunda.-As instalacións que se autoricen realizaranse de acordo coas especificacións e planos que figuran no proxecto presentado pola empresa cun orzamento de 22.664.631,99 euros.

Terceira.-Para introducir modificacións nas instalacións que afecten a datos básicos do proxecto será necesaria a previa autorización da Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas. Así mesmo, as delegacións provinciais de Innovación, Industria e Comercio de Lugo e Pontevedra poderán autoriza-las modificacións de detalle do proxecto que resulten procedentes, debendo comunicar a esta dirección xeral tódalas resolucións que dicte en aplicación da devandita facultade.

Cuarta.-O prazo para a posta en marcha das instalacións que se autoricen será de doce meses, contados a partir da data de resolución.

Unha vez construídas as instalacións autorizadas, as delegacións provinciais da Consellería de Innovación, Industria e Comercio de Lugo e Pontevedra inspeccionarán a totalidade das obras e montaxes efectuadas e verificará o cumprimento dos compromisos contraídos polo Grupo Elecnor, S.A. no seu plan eólico.

Quinta.-Como requisito necesario para a aplicación á devandita instalación do réxime especial, o promotor deberá inscribila no Rexistro de Instalacións de Producción de Enerxía Eléctrica en Réxime Especial da Comunidade Autónoma de Galicia, creado pola orde da Consellería de Industria e Comercio do 5 de xuño de 1995 (DOG do 14 de xullo), para o que acreditará o cumprimento das condicións previstas no artigo 12 do Real decreto 2818/1998, presentando a documentación que figure nas instruccións que dicte esta dirección xeral en desenvolvemento da devandita orde.

A instalación adaptarase ó procedemento de captación e procesamento de datos de producción de enerxía de Galicia regulado pola Orde do 29 de xullo de 2002 (DOG do 13 de agosto).

Sexta.-Con carácter previo á posta en marcha das instalacións, o órgano competente verificará o cumprimento dos condicionados impostos nesta resolución e na declaración de impacto ambiental do 14 de novembro de 2003, así como aquelas que no seu día se emitan conforme o disposto no artigo 7.1º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia.

Sétima.-A administración reserva para si o dereito de deixar sen efecto esta autorización por calquera das causas establecidas no artigo 34 do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo, por incumprimento das condicións impostas ou por calquera outra causa excepcional que o xustifique.

Oitava.-Esta autorización outórgase sen prexuízo de terceiros e independentemente das autorizacións, licencias ou permisos de competencia municipal, provincial ou outros necesarios para a realización das obras das instalacións autorizadas.

Contra esta resolución, que non é definitiva en vía administrativa, cabe interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución, sen prexuízo de que os interesados poidan interpor calquera outro recurso que consideren pertinente.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2003.

Ramón Ordás Badía

Director xeral de Industria, Enerxía e Minas